• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta financia actividades de conciliación de verán en Viana do Bolo nas que participan 50 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos

A Xunta financia actividades de conciliación de verán en Viana do Bolo nas que participan 50 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 16:25

O delegado territorial explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade fixo unha achega de preto de 16.000 euros para por en marcha unha ludoteca, obradoiros e xogos que se están a desenvolver na Casa da Cultura e no pavillón municipal

Gabriel Alén subliñou que na provincia o investimento superou os 450.000 euros, o que permitiu poñer en marcha 28 programas de conciliación en 41 concellos. As iniciativas que se están a desenvolver en toda a provincia están a beneficiar a 1.049 familias e 1.378 menores de 18 anos

O representante do Goberno galego aproveitou a súa estadía cos rapaces para poñer en liberdade e reintroducir no medio un exemplar de cegoña e tres aves rapaces nocturnas

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantivo na Casa do Concello un encontro coa alcaldesa, Melisa Macía, onde analizou as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá a Viana do Bolo para, da man da súa tenente de alcalde, María Carmen Conde, visitar aos rapaces e rapazas que participan na quenda de agosto no Programa Concilia trala unha achega de preto de 16.000 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. As actividades constan dunha ludoteca, obradoiros e xogos que se están a desenvolver na Casa da Cultura e no pavillón municipal en horario de 10 a 14 horas, e na que participan 50 nenos e nenas de entre os 4 e os 14 anos. O delegado territorial subliñou que as axudas forman parten dunha orde de apoios aos que se destinaron para toda Galicia 1,4 millóns de euros en 2022. Na provincia de Ourense, o investimento superou os 450.000 euros, o que permitiu poñer en marcha 28 programas de conciliación en 41 concellos. As iniciativas que se están a desenvolver en toda a provincia están a beneficiar a 1.049 familias e 1.378 menores de 18 anos.Gabriel Alén manifestou que a conciliación demostra a implicación de homes e mulleres no cumprimento das súas obrigacións e na protección dos seus dereitos. Esta colaboración rompe con aqueles estereotipos que potencian a desigualdade; polo que “todos debemos traballar para fomentar a conciliación e crear sinerxías para harmonizar as nosas vidas e facer un uso racional e máis axeitado dos nosos tempos”.A conciliación é un eixo prioritario das políticas da Xunta, un ámbito ao que só a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar este ano máis de 16 millóns de euros, máis do triplo que en 2021. Gabriel Alén tamén puxo en valor que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes prestará especial interese á igualdade e o benestar laboral e á conciliación da vida persoal e profesional. Así mesmo, avanzou que no segundo semestre deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018–2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027.A liña de apoios á conciliación enmárcase nun programa máis amplo de axudas da Xunta que conta con tres liñas de financiamento. Ademais da referida ao eido da conciliación, inclúe unha segunda liña,con máis de 300.000 euros de orzamento, céntrase na promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero. A Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes. Ábrense estes apoios a medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución. As contías neste caso van dos 15.000 aos 28.000 euros para entidades que concorreron á convocatoria de xeito individual ou en conxunto, respectivamente. As contías máximas aumentan nos dous casos en 3.000 euros. A terceira liña de axudas ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente na provincia de Ourense por 17 centros que dan cobertura a un total de 59 concellos. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM –dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica– e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 876.000 euros nesta provincia. Cada entidade que vén de resultar beneficiaria destas axudas pode recibir como máximo 45.000 euros e ata 120.000 euros no caso de que se presentaran á convocatoria de xeito compartido. A provincia de Ourense destaca por ser a de maior número de concellos cubertos directamente coa xestión dos CIM tanto de xestión individual como de xestión compartida e/ou mancomunada. Así, salientan os casos do CIM do Carballiño co que se dá cobertura a un total de nove concellos (Beariz, Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea); o caso do CIM da Mancomunidade Terra de Celanova no que se ofrecen servizos para oito concellos (A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea); ou o CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín con cobertura en sete localidades (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín, Vilardevós).O delegado territorial aproveitou a ser en liberdade e reintroducir no medio un exemplar de cegoña e tres aves rapaces nocturnas tralo proceso de rehabilitación desenvolvido no Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio.O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantivo na Casa do Concello un encontro coa alcaldesa, Melisa Macía, onde analizou as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE