• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública na rúa Tinería, en Lugo

A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública na rúa Tinería, en Lugo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 15:00

O delegado territorial, Javier Arias, subliña a aposta do Goberno galego pola recuperación social e residencial deste barrio do casco histórico

A Xunta de Galicia fixo entrega hoxe dunha vivenda de promoción pública situada na rúa Tinería que foi adxudicada en réxime de alugamento. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de entrega de chaves e subliñou a aposta do Goberno galego pola recuperación social e residencial deste barrio do casco histórico da capital, “que pasa por continuar rehabilitando inmobles para posibilitar o asentamento de novos residentes”.Neste sentido, Arias lembrou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), ten moi avanzadas algunhas actuacións que engrosarán a oferta pública residencial na zona proximamente, como as que resultarán da intervención no edificio situado no número 15 da mesma rúa, onde tamén hai uns meses se ofertaron por primeira vez as vivendas do edificio rehabilitado no número 30.O Goberno galego leva máis de 40 inmobles recuperados no barrio da Tinería, que se traducen en arredor dun cento de vivendas e máis dunha vintena de locais comerciais. O IGVS tamén realiza accións de conservación, como a limpeza e repintado de fachadas e carpintarías para eliminar mofos e pintadas, as más recentes executadas en Recanto do Miño fronte á Muralla.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar