• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta está a reforzar os apoios ao emprego autónomo que sumarán en 2023 máis de 65 M?

A Xunta está a reforzar os apoios ao emprego autónomo que sumarán en 2023 máis de 65 M€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:05

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe na Coruña o establecemento de venda de produtos sostibles para nenas e nenos Pinocchio y Cía e o restaurante Eclectic

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este luns a ampliación en cinco millóns de euros do crédito das axudas do programa Impacto Autónomo que contará con 35 millóns para compensar a suba de custe duns 30.000 profesionais do colectivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe na Coruña o apoio da Xunta ao emprego autónomo que está a reforzar para axudar ás persoas traballadoras por conta propia no inicio da súa actividade e tamén na consolidación dos negocios. Así, Lorenzana avanzou nunha visita que desenvolveu, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, ao establecemento de venda de produtos sostibles para nenas e nenos Pinocchio y Cía e ao restaurante Eclectic que a Administración autonómica investirá este ano máis de 65 millóns para impulsar de xeito específico a actividade económica deste sector. Neste reto de reforzar o traballo autónomo, resaltou que este luns 6 de febreiro publicarase xa no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ampliación de crédito en cinco millóns de euros do programa Impacto Autónomo que foi autorizada polo Consello da Xunta este mesmo xoves. Así, á partida inicial de 30 millóns de euros, que se publicou o pasado 4 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG), sumaranse agora outros 5 millóns de euros, ata os 35 millóns, para tratar de chegar a uns 30.000 profesionais. Con esta iniciativa, en palabras da conselleira, estase a compensar o incremento de custos derivados da inflación que están a padecer persoas traballadoras por conta propia e microempresas. Estas axudas poden solicitarse ata o próximo 9 de febreiro. Estas axudas son compatibles con calquera outro tipo de apoio da Xunta dirixido ao colectivo do emprego autónomo para o que a Xunta está a realizar un esforzo importante este 2023. Para o colectivo dos autónomos, ademais, a conselleira lembrou que está aberto o prazo de solicitude para optar aos apoios de Xempre Autónomo (Promoción do Emprego Autónomo), para impulsar e apoiar o inicio da actividade por conta propia; e do Bono Autónomo, que permitirá a consolidación e mellora da competitividade de negocios de persoas traballadoras autónomas.A conselleira, para rematar, apuntou que “a Xunta de Galicia seguirá a traballar para propiciar un clima de estabilidade, de certeza e de confianza, especialmente para as persoas traballadoras autónomas, as que non deixaremos de apoiar na medida das nosas posibilidades”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo