• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta enxalza a natureza autóctona a través do campo de voluntariado de Ribeira

A Xunta enxalza a natureza autóctona a través do campo de voluntariado de Ribeira

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:15

Durante case dúas semanas 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos realizan traballos ambientais e labores de mantemento dos espazos naturais da zona

A actividade desenvólvese na maior duna de Galicia, a de Corrubedo, e nunha zona húmida e de extensas marismas con gran importancia internacional

Ribeira (A Coruña), 11 de agosto de 2022 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que participan no campo de voluntariado de Ribeira. Desde o 6 de agosto ata o mércores 17, os participantes realizan actividades en plena natureza cun importante valor medioambiental, cultural e patrimonial.Os mozos e mozas centran as súas actuacións no Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Durante a súa estancia, os voluntarios realizan labores de mantemento dos espazos naturais, reconstrución e consolidación de sendas, eliminación de especies alóctonas, vixilancia de lumes e informan e sensibilizan aos visitantes.Ademais, os participantes desenvolven actividades complementarias de lecer como observación estelar, actividades grupais guiadas, navegación pola Ría de Arousa, deportes acuáticos como paddle surf ou caiac, rutas culturais e históricas ou visitas ao centro de interpretación do ecosistema litoral de Galicia, entre outras. Así, Cristina Pichel puxo en valor a importante dimensión cultural, medioambiental e internacional do campo de voluntariado. A través de todas as actividades, os voluntarios teñen a oportunidade de coñecer a riqueza do patrimonio autóctono e, ademais, permítelles coñecer a importancia da sensibilización ambiental e dos valores que engloba. Normal 0 21 false false false ES JA AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar