• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta entrega 7.500 ? en premios aos colexios gañadores da terceira edición do concurso 'Pilabot'

A Xunta entrega 7.500 € en premios aos colexios gañadores da terceira edición do concurso ‘Pilabot’

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:55

Sagrario Pérez subliña o compromiso e o esforzo do alumnado participante por manter e mesmo superar as ratios de recollida acadadas nas dúas campañas anteriores, manténdose por riba das 50 tn e cunha media de 1,5 kg por cada alumno participante

O CPR Santiago Apóstol de Narón acada por primeira vez un dos galardóns mentres que os outros tres colexios que máis pilas recolleron este ano ?O CEIP As Solanas da Guarda, o CRA Amencer de Ribadavia e o CEIP Caión da Laracha? repiten no podio

Tamén se fixo entrega de cinco tablets ás gañadoras do certame artístico creativo #EuSonPilabot, aberto aos 36.000 rapaces implicados este ano na iniciativa

Ademais dos concursos, realizáronse medio cento de talleres didácticos para poñer en valor a importancia das pilas na vida diaria, facer fincapé na necesidade da súa correcta reciclaxe e implicar a toda a comunidade educativa nos obxectivos de ’Pilabot’

A Xunta fixo entrega hoxe de catro premios por un importe total de 7.500 euros aos colexios gañadores do concurso escolar de recollida de pilas, baterías usadas e acumuladores que por terceira vez se convocou este curso en Galicia no marco da campaña PIlabot. A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, participou esta mañá no acto oficial de entrega de premios, que congregou no Museo Pedagóxico de Galicia a profesores, alumnos e familiares dos catro centros que lograron as mellores cifras de recollida destes residuos durante as seis semanas de concurso.Neste sentido, Sagrario Pérez subliñou o compromiso e o esforzo demostrados polo alumnado participante para consolidar e mesmo superar as ratios de recollida acadadas nas dúas campañas anteriores, manténdose por riba das 50 toneladas ?53,8 tn concretamente? e cunha media de 1,5 kg por cada alumno participante.Os gañadores desta edición na categoría de pilas totais recollidas foron o CPR Santiago Apóstol de Narón, que por primeira vez conseguiu un destes galardóns grazas ás 4,7 toneladas recollidas; seguido do CEIP Plurilingüe As Solanas, da Guarda, que o ano pasado lograra o primeiro posto e nesta ocasión quedou segundo cunha achega de 3,3 toneladas. En canto á taxa de recollida por alumno, tamén repiten entre os premiados o Centro Rural Agrupado (CRA) Amencer de Ribadavia, con 62,80 kg por estudante e que gañou as tres edicións de Pilabot celebradas ata o de agora; e o CEIP de Caión, da Laracha, cunha media de 49,36 kg por alumno, e que na edición anterior tamén conseguira a segunda mellor ratio de toda a Comunidade.Os catro centros recibiron un premio económico ?de 2.500 euros para os gañadores de cada unha das categorías e de 1.250 para os segundos? que deberán destinar, en todo caso, á compra de material escolar ou deportivo. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración cos xestores de pilas autorizados en Galicia ?Ecopilas, ERP e Ecolec? impulsaron Pilabot como unha campaña de sensibilización dirixida a toda a comunidade educativa para fomentar a reciclaxe e concienciar desde a escola sobre un dos residuos máis contaminantes que se xeran nos fogares e que, no caso de non xestionarse correctamente, poden resultar moi perigosos.Durante as tres edicións desta iniciativa, a actividade estrela foi sempre o concurso de recollida de pilas, baterías e acumuladores no que os 150 colexios participantes compiten entre si por demostrar o seu compromiso coa recuperación destes refugallos. A tal fin, os organizadores subministran a cada centro os bidóns para facilitar a recollida durante un período de 6 semanas así como material informativo e merchandising de Pilabot. Así mesmo e ao igual que en edicións anteriores, tamén este ano se convocou concurso artístico e creativo #EuSonPilabot, aberto á participación dos 36.000 escolares galegos que estudan nos 150 centros galegos inscritos na campaña.Durante o acto, tamén se fixo entrega dunha tablet ás cinco gañadoras do certame ?unha por cada unha das etapas educativas de Primaria e Secundaria?, que presentaron unha obra en formato imaxe(debuxo, fotografía, mosaico, etc.) inspirada na reciclaxe de pilas e enfocada aos Obxectivos de desenvolvemento sostible marcados pola ONU para 2030.As alumnas premiadas son Lucía González Baz, de 2º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda; Gabriela Lourido Lago, de 4º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Outes; Candela García Rodríguez, de 6º de Primaria do CPI O Toural de Vilaboa; Noa Crespo Sayar, de 1º ESO do IES Carlos Casares de Vigo; e Shiva Eliska Alinda Nurhakim, de 3º ESO do IES Perdouro de Burela.Ademais dos concursos, a campaña incluíu a realización de medio cento de talleres didácticos co obxectivo era poñer en valor a importancia das pilas na vida diaria das persoas, facer fincapé na necesidade da súa reciclaxe e implicar ao conxunto da comunidade educativa na campaña.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar