• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta destaca a estabilidade da economía galega e a importancia de que administración e tecido empresarial traballen aliñados

A Xunta destaca a estabilidade da economía galega e a importancia de que administración e tecido empresarial traballen aliñados

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:45

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela nun xantar coloquio co presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi


Aposta pola colaboración público–privada para impulsar os proxectos da axenda industrial para a Galicia de 2030 e seguir avanzando no binomio industria–sustentabilidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago de Compostela a estabilidade da economía galega e a importancia de que Administración e tecido empresarial traballen aliñados. Conde participou nun xantar coloquio co presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi.O vicepresidente económico explicou que as empresas teñen que ser e van ser parte da solución aos retos actuais da economía polo que Administración e tecido empresarial deben colaborar en obxectivos comúns como a transición enerxética e dixital.Tendo en conta que as empresas crean riqueza, emprego e fan marca país, Conde explicou que a Xunta acompaña este labor, ofrece os instrumentos necesarios para medrar, innovar e conquistar mercados e colabora na identificación de oportunidades e novos proxectos sempre desde a colaboración cos axentes tanto económicos como sociais. Asegurou que o Goberno galego seguirá defendendo este modelo fronte aos que poñen en dúbida o traballo que fai a clase empresarial deste país. Conde, que defendeu a colaboración público–privada como o mellor instrumento para impulsar os proxectos da axenda industrial para a Galicia de 2030 e o binomio industria–sustentabilidade, destacou que desde a Administración hai que trasladar estabilidade e confianza ao tecido empresarial.Así, explicou que Galicia xa recuperou a riqueza prepandemia –é unha das tres comunidades autónomas que o logrou–, a taxa de desemprego é máis de dous puntos inferior á media española, e segue batendo récord de exportacións.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE