• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta defende que a planificación eléctrica e o desenvolvemento da eólica son claves para garantir a competitividade da industria galega

A Xunta defende que a planificación eléctrica e o desenvolvemento da eólica son claves para garantir a competitividade da industria galega

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:00

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que estes dous aspectos son fundamentais para que empresas como Alcoa ou Stellantis sigan tendo futuro, e para que se poidan implantar novas iniciativas como a de Altri, Showa Denko ou Sentury

Entre as demandas trasladadas pola Xunta está determinar o destino dos 1.400MW de capacidade dispoñible no nó existente nas Pontes

Tamén se pide reconsiderar a demanda histórica de dotar Vigo dunha subestación que garanta a subministración da factoría de Balaídos e de toda a área industrial da zona

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe no Parlamento que a planificación eléctrica e o desenvolvemento do sector eólico son claves para a viabilidade e a competitividade da industria galega. Conde salientou que estes dous aspectos son fundamentais para que empresas como Alcoa ou Stellantis sigan tendo futuro en San Cibrao e Vigo, e que os proxectos de implantación en Galicia como Altri en Palas, Showa Denko na Coruña ou Sentury e a planta de hidróxeno de Reganosa e EDP nas Pontes se convertan nunha realidade. O acceso á enerxía renovable e contar con mellores infraestruturas de conexión á rede eléctrica permitiríalles abaratar a factura enerxética. O responsable de Economía, Industria e Innovación lembrou que a Xunta lle solicitou ao Goberno que tramite canto antes os 13 parques eólicos vinculados con Alcoa, Sentury e Showa Denko, que deben ser autorizados pola Administración central porque son de máis de 50MW. E xunto con isto, que entregue en prazo os informes solicitados desde Galicia para tramitar con todas as garantías os proxectos de ata 50MW. Ademais, Conde sinalou que é moi importante que o Goberno axilice as declaracións de impacto ambiental que ten pendentes. O vicepresidente económico lembrou que tamén se solicitou ao Goberno que incremente os investimentos nas redes de distribución e transporte e atenda ás prioridades trasladadas desde a Xunta de Galicia, unha proposta que permitiría unha maior infraestrutura para absorber a xeración renovable e garantiría unha maior capacidade do sistema para facer fronte ás demandas enerxéticas da industria, con mellores índices de calidade. Facilitaría tamén aos promotores un acceso á rede nos nós máis próximos aos seus proxectos, reducindo así a extensión das liñas de evacuación que xeran sempre unha maior afección ao territorio.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar