• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta converte as torres Hejduk do Gaiás nun invernadoiro interactivo cunha instalación artística onde as plantas oscilan ou emiten sons

A Xunta converte as torres Hejduk do Gaiás nun invernadoiro interactivo cunha instalación artística onde as plantas oscilan ou emiten sons

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:10

‘Fitotario’ é unha creación da artista visual viguesa Macarena Montesinos Fandiño, que poboa este espazo con plantas dotadas de sensores e dispositivos de infravermellos que as fan interactuar coas persoas visitantes ao seren tocadas

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca o diálogo entre natureza e tecnoloxía que vertebra esta instalación, coa que a Cidade da Cultura continúa a súa senda de intervencións artísticas en zonas verdes e espazos non convencionais

A instalación, que conta co patrocinio de Viaqua, devolve as Hejduk ao seu uso orixinal como torres botánicas e pode visitarse de balde ata o 6 de agosto

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura Fitotario, unha intervención artística que une tecnoloxía e natureza nunha experiencia inmersiva creada pola artista visual Macarena Montesinos Fandiño, en colaboración co artista sonoro Miguel Seoane. Coincidindo co arranque da primavera, este espazo do Gaiás recupera así temporalmente o seu uso orixinal como torres botánicas, transformándose nun invernadoiro interactivo que convida o público a experimentar coa propia instalación. Especies vexetais que hoxe poboan os montes ou os agros galegos ?desde fentos a lavandas, ou mesmo cabaceiras? e outras empregadas como plantas decorativas de interior convivirán ata o 6 de agosto na torre de cristal das Hejduk. Dotadas de sensores e infravermellos, as plantas oscilan ou emiten son cando son acariñadas, modulando a súa reacción en función de variables ambientais como luz, humidade ou temperatura. O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou no acto de apertura “a sinxeleza e o enxeño co que esta instalación dialoga entre medio natural e creación tecnolóxica”. A vertente interactiva e inmersiva de Fitotario, explicou Anxo M. Lorenzo, conecta con outra programación do Gaiás destinada a pór en valor a arte dixital e tecnolóxica e evidencia tamén a capacidade dos creadores e creadoras para establecer xogos múltiples coas persoas visitantes “que se senten interpeladas pola obra, reinterpretándoa ao seu xeito persoal e pasan a ser tamén parte do proceso creativo”, engadiu.No acto de apertura da instalación participaron tamén a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; os artistas Macarena Montesinos ?autora da intervención? e Miguel Seoane ?encargado de desenvolver a parte tecnolóxica e interactiva da mesma?, e Sonia Delpont, directora de Comunicación e Marketing de Viaqua. O proxecto conta co patrocinio desta entidade, ao igual que outras cinco intervencións realizadas previamente nas Torres Hejduk co vencello común das paisaxes culturais, a natureza e a concienciación ambiental: 2 Torres, 2 Camiños, do grupo Citerea; O perpetuo tránsito cara ao presente, de Miguel Moreno Mateos; Paisaxes incultas, de Cristina García Fontán ?que este ano foi recoñecida nos Premios COAG do Colexio de Arquitectos de Galicia na categoría de Arquitecturas efémeras e Deseño?; Plástico a mareas, de María José Arceo; e Betula Pendula, de Martín Toimil. O representante da Xunta de Galicia lembrou tamén que Fitotario non só contribúe a potenciar o vencello das Torres Hejduk coa súa contorna paisaxística no monte Gaiás senón que ademais fai unha chiscadela ao seu uso orixinal pois foran orixinalmente deseñadas como torres botánicas para o parque compostelán de Belvís polo arquitecto John Hejduk (Nova York, 1929–2000). Malia que non se chegaron a construír no seu emprazamento inicial, Peter Eisenman recuperou o proxecto tras a morte de Hejduk, materializando a súa construción na Cidade da Cultura.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar