• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta contribúe á programación coa que Teatro del Andamio celebra os seus 20 anos de traxectoria como sala e compañía

A Xunta contribúe á programación coa que Teatro del Andamio celebra os seus 20 anos de traxectoria como sala e compañía

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:07

O espazo coruñés vén contando co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para o desenvolvemento da súa carteleira de teatro familiar dentro da Rede Galega de Salas

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA A Coruña, 6 de outubro de 2022 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na Coruña no acto no que Teatro del Andamio presentou a programación coa que celebra os seus 20 anos de historia como compañía e sala de exhibición. En ambos casos, vén contando desde hai anos co apoio económico da Xunta de Galicia para o desenvolvemento do seu labor a prol da difusión das artes escénicas, especialmente entre o público máis novo, ao que se suma a súa actividade como escola teatral. Sutil acompañou á directora de Teatro del Andamio, Tatiana Likhacheva, e ao resto do equipo neste evento, ao que asistiron tamén representantes do Concello da Coruña e da asociación Escena Galega. Nel referiuse á traxectoria deste espazo como parte da Rede Galega de Salas, circuíto que o Goberno galego puxo en marcha hai preto de 15 anos e no marco da que vén ofrecendo unha media de 50 funcións anuais, cifra que supón arredor da metade da súa carteleira total, subvencionadas mediante a liña específica para o funcionamento e a programación destas salas de xestión privada.O responsable de Industrias Culturais da Xunta tivo unhas palabras de lembranza para Álvaro Guevara, fundador deste proxecto xunto a Tatiana Likhacheva e falecido en 2014. O seu testemuño foi recollido con gran responsabilidade polo equipo actual, para continuar co seu traballo e “amosarse hoxe en día coa satisfacción de acadar un labor ben feito, asentado plenamente na cidade e incluso con difusión fóra dela”, sinalou. Incidiu tamén nos obxectivos que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades comparte cos espazos da Rede Galega de Salas no sentido de “impulsar e incentivar a distribución de espectáculos producidos en Galicia, incrementar a afección e a fidelización de públicos para as artes escénicas e contribuír á dinamización cultural das súas contornas”.Con estes fins traballa a sala coruñesa desde hai vinte anos, aniversario que celebrará neste último trimestre cunha nova programación de teatro familiar, unha exposición fotográfica no Fórum Metropolitano, un encontro e coloquio co alumnado e os ex–alumnos da súa escola teatral ou a proxección do documental sobre a súa historia, entre outras accións.Na actualidade, Teatro del Andamio funciona como centro cultural integral composto pola escola, a sala e a compañía profesional de teatro, mantendo a súa aposta por lle ofrecer á cidadanía unha programación cultural estable, cunhas 100 funcións anuais, ás que se suman as actuacións da formación teatral fóra da súa sede. Ao tempo, a súa actividade formativa esténdese a 12 grupos que suman uns 200 estudantes a partir dos 5 anos de idade.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar