COPE

Newsletters
Registrarme

Xunta de Galicia

A Xunta continúa a agardar por unha parcela urbanisticamente viable para poder iniciar o novo centro de saúde de Caldas de Reis

A Xunta continúa a agardar por unha parcela urbanisticamente viable para poder iniciar o novo centro de saúde de Caldas de Reis

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 03:02

O conselleiro de Sanidade informou de que o Plan Especial que tramita o concello de non dá resposta ás necesidades do Sergas para a instalación dun centro de saúde neses terreos

A tardanza do concello de Caldas, cuxo centro estaba proxectado na fase 1 do Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, ten propiciado que se adianten centros da fase 2, como o dos municipios de Meis ou Barro

O plan funcional que a Xunta prevé para o futuro centro permitiría incorporar novos servizos como unha área bucodental ou consultas de farmacia e traballo social

Normal 0 false false false Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, instou esta tarde ao Concello de Caldas de Reis a cumprir coas demandas de ordenación urbanística reiteradas pola Xunta sobre a parcela ofertada polo Concello para que a Xunta poida iniciar a construción do novo centro de saúde na localidadeDurante a súa intervención esta tarde no Parlamento de Galicia, o responsable da carteira sanitaria da Xunta explicou que xa no ano 2019, o Servizo Galego de Saúde informou ao Concello de forma favorable sobre unha proposta de parcela para a construción dunha nova infraestrutura sanitaria neste municipio. Non obstante, nesta resposta, o Executivo galego reclamáballe ao Concello caldense a necesidade de mellorar a previsión dos accesos viarios e tamén a dotación do aparcadoiro. Ambas as dúas cuestións, fundamentais cando se aborda a construción dun centro de saúde que, ademais conta cun PAC, e onde haberá tránsito de ambulancias.Así, e malia que o Sergas alegou con estas mesmas demandas o texto inicial do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións sobre o devandito terreo remitido polo Concello a finais do ano pasado, a Xunta vén de constatar que a versión final dese Plan que se remite a urbanismo tralo trámite de alegacións segue sin incorporar ás necesidades e requirimentos que o Servizo Galego de Saúde leva remarcando desde 2019. García Comesaña cualificou como “preocupante” que a documentación achegada polo Concello de Caldas de Reis non modifique as previsións de accesos e aparcadoiro solicitadas pola Xunta, lamentando que non levar a cabo estes cambios, obrigue a demorar a construción dunha infraestruturas considerada polo Executivo galego como urxente, e establecida na fase 1 do seu Plan de Infraestruturas de Atención Primaria.Neste senso, o centro de saúde de Caldas de Reis foi enmarcado pola Xunta no grupo de infraestruturas sanitarias que requirían dunha maior celeridade de actuación, ao entender que era preciso contar con novo edificio adaptado ao aumento de servizos que veu experimentando o centro nos últimos anos e no que a Xunta quere continuar.A tardanza na toma de decisións por parte do Concello de Caldas de Reis e a non adaptación dos accesos do terreo ao requirimentos da Xunta, provocou que outros centros de saúde, establecidos na fase 2 do Plan Infraestruturas da Xunta, como é o caso dos Concello de Meis e Barro, se atopen arestora nun estado de tramitación máis avanzado que o da infraestrutura sanitaria caldense. García Comesaña, remarcou que a Xunta agarda que o concello de Caldas de Reis rectifique, e dea resposta ás necesidades advertidas pola xunta, para así poder tramitar por fin a cesión da parcela e a licitación deste centro tan necesario. “Se o Concello non rectifica non será posible aceptar a parcela e licitar ese proxecto tan necesario” concluíu o conselleiro.O Plan Funcional aprobado pola Xunta para o novo centro de saúde de Caldas de Reis prevé unha superficie de máis de 2.800 metros, e importantes incrementos de espazo en todas as súas áreas.Nomeadamente, o novo edificio disporía dunha sala específica de técnicas, unha sala polivalente e tamén unha consulta para a docencia, dedicada aos residentes que se forman neste centro. Así mesmo, permitiría integrar nun mesmo edificio a área de fisioterapia e a área da muller, coa consulta da matrona e unha sala de educación sanitaria.Na nova infraestrutura tamén se habilitarían espazos para poder incorporar a este centro novas prestacións, ao estar contemplada unha consulta de farmacia de atención primaria, unha consulta de traballo social,e unha área bucodental con servizos de odontoloxía e hixienista dental.Nesta liña, mellorarase o Punto de Atención Continuada, incrementando os seus espazos de consulta, con salas de tratamentos e de urxencias, e dotando ao persoal do centro de senllas sala de estar e de xuntas, xunto cun despacho de coordinación, destinado á xefatura do servizo.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Escucha en directo COPE, la radio de los comunicadores mejor valorados. Si lo deseas puedes bajarte la aplicación de COPE para iOS (iPhone) y Android.

Y recuerda, en COPE encontrarás el mejor análisis sobre la actualidad, las claves de nuestros comunicadores para entender todo lo que te rodea, las mejores historias, el entretenimiento y, sobre todo, aquellos sonidos que no puedes encontrar en ningún otro lado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Noche del Grupo Risa

Con El Grupo Risa

Reproducir
Directo La Noche del Grupo Risa

La Noche del Grupo Risa

Con El Grupo Risa

Escuchar