• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta coñece o proxecto de Ence para crear un polo de economía circular e biomateriais nas Pontes

A Xunta coñece o proxecto de Ence para crear un polo de economía circular e biomateriais nas Pontes

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 19:35

A empresa contempla instalar unha planta de biocombustibles e papel tisú cun investimento en torno aos 350M? e coa previsión de crear máis de 1000 empregos entre directos, indirectos e inducidos

Trátase dunha iniciativa que complementa a actividade que a pasteira desenvolve en Pontevedra e que, polo tanto, completa a cadea de valor e pecha o seu ciclo da madeira en Galicia

A Xunta confía en que conte tamén co apoio do Goberno a través das axudas previstas nos fondos europeos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co Consello de Administración de Ence, que presentou o seu proxecto para crear un Polo de Economía Circular e Biomateriais no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez.En declaracións aos medios ao termo da xuntanza, o vicepresidente económico precisou que a empresa contempla instalar unha planta de biocombustibles e papel tisú cun investimento en torno aos 330–350 M?, segundo estimacións da compañía, e coa previsión de crear directos, indirectos e inducidos. Un proxecto, dixo, que complementa a actividade que a pasteira desenvolve en Pontevedra e que, polo tanto, completa a cadea de valor e pecha o ciclo da madeira en Galicia. Conde salientou que se trata dunha iniciativa absolutamente independente da planta de Lourizán que vén demostrar o compromiso de Ence con Galicia e co binomio industria–sustentabilidade. Por iso, trasladou a máxima colaboración da Administración autonómica para “acompañar a empresa nas súas necesidades á hora de avaliar a viabilidade técnica, ambiental, financeira e económica deste novo proxecto”.Do mesmo xeito, manifestou a súa confianza en que conte tamén co apoio do Goberno a través dos fondos europeos, por exemplo, coas axudas previstas nos Pertes de Economía Circular e de Enerxías Renovables; se ben, xa avanzou que a Xunta vai avaliar as posibilidades de integralo no Fondo de Transición Xusta que o Executivo central aínda ten pendente de transferir a Galicia. Esta segunda fábrica de Ence en Galicia, abundou, suporá un balón de oxíxeno para a toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, e súmase a outras iniciativas empresariais prioritarias aprobadas recentemente no Consello da Xunta: a fábrica de metanol de Forestal del Atlántico en Mugardos e a planta de reutilización de residuos nas Somozas, de Valogreene Recinor. O vicepresidente primeiro lembrou que Ence ten sobre a mesa un programa de investimentos de 395M? para mellorar a eficiencia da súa planta da ría de Pontevedra e, ao respecto, Conde aludiu á “unidade de acción” que existe entre a propia empresa, a Xunta de Galicia, o cadro de persoal, a industria auxiliar, loxística e de transporte e a Autoridade Portuaria de Marín para que a factoría de Lourizán poida continuar a súa actividade no seu emprazamento actual. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar