• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Tui repasan o contido do futuro plan de dinamización da área Rexurbe municipal

A Xunta e o Concello de Tui repasan o contido do futuro plan de dinamización da área Rexurbe municipal

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:50

O Goberno local agarda poder presentar o documento antes de que remate o verán

Heriberto García lembra que os propietarios de inmobles ou solares neste municipio teñen ata o 15 de xullo para presentar as súas ofertas ao programa Rexurbe

A Xunta e o Concello de Tui mantiveron esta semana unha xuntanza de carácter técnico para analizar o contido e os últimos avances na redacción do plan de dinamización da Área Rexurbe do municipio, declarada o ano pasado e unha das seis existentes a día de hoxe en toda Galicia.A tal fin, o director xeral do instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, recibiu esta semana ao alcalde, Enrique Cabaleiro, con quen analizou en detalle as diferentes actuacións que inclúe o documento.Cómpre precisar que o plan de dinamización é o instrumento que marcará a folla de ruta a seguir para a posta en valor do ámbito incluído na área Rexurbe, que abrangue todo o conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural e tamén outras zonas da súa contorna, como o Paseo da Corredoira, Bispo Lago e Martínez Padín N–550.Neste sentido, o rexedor confirmou que xa están ultimando o plan e que a previsión municipal é poder presentalo ante o IGVS antes de que remate o verán, de modo que quedaría listo para a súa aprobación por parte do Consello da Xunta este mesmo ano. Noutra orde de asuntos, Heriberto García e Enrique Cabaleiro falaron tamén sobre a última convocatoria do programa Rexurbe, publicada o pasado 8 de abril e que inclúe a Tui entre os municipios nos que se prevé a adquisición de inmobles para destinalos a vivenda protexida en réxime de alugueiro. Tras lembrar que o IGVS ten reservados este ano 200.000 euros para compras neste concello, o director xeral lembrou que os propietarios de edificios para rehabilitar ou de solares edificables en Tui teñen aínda ata o 15 de xullo para presentar as súas ofertas. Ao respecto, indicou que as persoas interesadas na venda dalgún inmoble da súa propiedade deben dirixir un escrito á dirección xeral do IGVS, axuntando a documentación que se indica na oferta publicada no DOG.Cómpre lembrar que a Xunta xa é propietaria de 4 edificios en Tui ?emprazados en San Telmo 44, Cuenca 18 e 42, e Bispo Castañón 20?, adquiridos no marco das convocatorias do programa Rexurbe de 2019 e 2021 por un importe total de máis de 300.000 euros.Por último, o alcalde tamén lle trasladou ao representante da Xunta o seu interese por promover en Tui a declaración dun entorno residencial de rehabilitación protexida, o que lle permitiría acollerse ao novo programa de axudas á rehabilitación a nivel de barrio, que se convocará proximamente e estará financiado con fondos europeos do Next Generation.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar