• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Montederramo investirán case 40.000 ? na instalación de 34 bancos públicos en preto dunha trintena de aldeas do municipio

A Xunta e o Concello de Montederramo investirán case 40.000 € na instalación de 34 bancos públicos en preto dunha trintena de aldeas do municipio

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:15

A actuación enmárcase no plan Hurbe específico para a Ribeira Sacra da Consellería

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 21 de maio de 2022.–A Xunta de Galicia e o Concello de Montederramo colaborarán na execución dunha actuación urbanística para mellorar os equipamentos públicos dunha trintena de núcleos rurais do municipio, cun investimento total previsto de case 40.000 euros.Este foi o compromiso asumido esta semana pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Antonio Rodríguez, a través da sinatura dun convenio no que fixaron os termos da súa colaboración técnica e económica para levar a cabo esta obra. A intervención consistirá no subministro e instalación dun total de 34 bancos de madeira tratada contra a couza, termitas e insectos en 28 aldeas do concello: Gabín, Os Abeledos, Cacharrequille, Vigueira de Arriba, Mazaira, Valdarias, Touzal, A Mogaínza, Paredes, As Corraínzas, O Regueiro, O Outeiro, Os Pereiros, Valderrique, Santiago da Medorra, A Graña, San Fitoiro, Vigueira de Abaixo, Ferrón, A Retorta, Moás, Vila Pequena, Veducedo, Cascarballo, A Xestosa, A Mioteira, A Reguenga e Vilariño Pequeno.Tal e como sinalou o alcalde, con esta actuación búscase elevar o actual nivel de servizos á disposición da veciñanza de Montederramo co fin de promover o seu benestar e incrementar o atractivo e a humanización dos referidos núcleos e da praza do concello.Na mesma liña, Ángeles Vázquez enmarcou a participación da Xunta no proxecto no seu compromiso á hora de brindar apoio económico ás entidades locais para promover actuacións que, como esta, contribúen a dinamizar as vilas galegas e mellorar a calidade de vida dos cidadáns reforzando os equipamentos públicos. Cun investimento comprometido no convenio de 38.015,94 euros ?que achegará nun 70% o departamento autonómico e nun 30% o Goberno municipal?, cómpre lembrar, ademais, que esta intervención se enmarca no chamado plan Hurbe específico para a Ribeira Sacra. Trátase dunha das 10 medidas incluídas dentro do Plan de acción estratéxico para esta zona que aprobou en 2019 a Consellería co fin de impulsar actuacións por 4,5 millóns de euros para mellorar a súa planificación e protección a nivel paisaxístico, urbanístico e ambiental. En concreto, o departamento autonómico e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra seleccionaron unha serie de proxectos a desenvolver en concellos da zona co fin de mellorar equipamentos, humanizar rúas ou urbanizar espazos públicos. O orzamento comprometido por parte da Xunta a tal fin ascende a 1,3 millóns de euros e os primeiros convenios asinados en 2021 xa están en execución.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE