• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello da Coruña comprométense a avanzar cos accesos e as expropiacións necesarias para o Novo Chuac

A Xunta e o Concello da Coruña comprométense a avanzar cos accesos e as expropiacións necesarias para o Novo Chuac

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 01:36

O presidente actualizará a achega anual para a Orquestra Sinfónica de Galicia, que superará os 3 M? o ano que vén

Rueda valorou de xeito moi positivo o acordo para perfilar o convenio co que se porá en marcha o primeiro albergue de peregrinos na cidade da Coruña

O Concello da Coruña colaborará na organización de eventos en torno á figura de Picasso con motivo do 50 cabodano do artista

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE A Coruña,4 de outubro de 2022O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, comprometéronse a avanzar cos accesos e as expropiacións necesarias para a construción do Novo Chuac, un dos investimentos máis ambiciosos para os vindeiros anos e que neste exercicio conta xa coas partidas necesarias para a reforma interior da infraestrutura sanitaria e para a axilización das obras do edificio polivalente que substituirá ao hotel de pacientes. O titular do Goberno galego mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, coa que deu inicio á rolda de encontros cos rexedores das cidades galegas. Rueda valorou de xeito positivo a disposición de rexedora herculina para chegar a acordos en beneficio dos habitantes da cidade. “Dialogar sempre é produtivo”, subliñou o mandatario galego.Inés Rey e Alfonso Rueda abordaron diferentes asuntos de interese para a cidade, entre os que destacaron as inversións sanitarias e outros proxectos que teñen como obxectivo mellorar as instalacións deportivas e educativas do municipio, así como afianzar a posición da cidade no eido cultural.Rueda recordou que a construción do Novo Chuac é un dos investimentos máis grandes que ten previsto a Xunta en toda Galicia para os vindeiros anos, con máis de 500 millóns estimados para modernizar as instalacións, incrementar nun 15% o número de camas e nun 50% o de cuartos individuais, duplicar o tamaño de Urxencias e poñer a disposición de profesionais e usuarios 2.600 novas prazas de aparcamento. As partidas que corresponden á Xunta para este ano están mobilizadas, subliñou o presidente do Goberno galego, cun investimento de 13 millóns de euros para a reforma interior do complexo e 35 millóns máis para o proxecto do edificio polivalente. Tamén no eido das infraestruturas sanitarias, o titular do Executivo autonómico e a rexedora coruñesa destacaron os avances para a construción do centro de saúde de Santa Lucía. A alcaldesa avanzoulle que a primeira semana de novembro lanzarase o concurso de ideas para a rehabilitación do edificio do mercado, paso imprescindible para seguir avanzando cara á nova instalación sanitaria.Rueda puxo en valor os avances en materia cultural para facer da Coruña unha cidade referencial nese eido, e comprometeu a colaboración da Xunta cara a ese obxectivo. Con esa finalidade acordou coa alcaldesa actualizar a achega anual da Xunta á Orquestra Sinfónica de Galicia, que nos 30 anos de vida supera un acumulado de 30 millóns de euros. En segundo lugar, integrando á Coruña na celebración do Ano Picasso coa posta en marcha da exposición Picasso, branco no recordo azul que acollerá o Museo de Belas Artes da cidade. A maiores, Alfonso Rueda e Inés Rey acordaron desenvolver unha programación conxunta e complementaria para a celebración do 50 cabodano do artista malagueño, que tan vencellado estivo á cidade herculina.No eido turístico, o presidente da Xunta valorou de xeito moi positivo o acordo para perfilar o convenio co que se porá en marcha o primeiro albergue de peregrinos na cidade da Coruña, pola que pasa o Camiño Inglés. Unha vez acordada a demolición do edificio da antiga Comandancia de Obras, no ano 2023 a Xunta poderá licitar a obra e iniciar a execución do novo albergue nese mesmo ano.O mandatario do Goberno galego e a alcaldesa da cidade herculina avanzaron tamén na mellora das instalacións deportivas da cidade. O presidente anuncioulle que se levarán a cabo obras nos tres complexos deportivos autonómicos da Coruña ?Agra I, Elviña I e A Sardiñeira? por valor de máis de 5 millóns de euros. Do mesmo xeito, tamén explicou que no que se refire aos edificios educativos, a Xunta ten comprometidos 8 millóns de euros en previsións, en trámite ou en proxectos que xa están en marcha.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE