• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Cartelle constatan o avance nas parcelarias de Santa Baia de Anfeoz, San Tomé e Cartelle nos que se levan investido arredor de 8 M?

A Xunta e o Concello de Cartelle constatan o avance nas parcelarias de Santa Baia de Anfeoz, San Tomé e Cartelle nos que se levan investido arredor de 8 M€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:25

No caso da de San Tomé, prevese rematar este ano os camiños secundarios que contan cun investimento de 1,2 millóns de euros, na de Cartelle culminarase a revisión cartográfica do acordo e na de Santa Baia daráselle firmeza ás bases

No encontro tamén se tratou a colaboración entre ambas administracións de cara á anticipación aos incendios forestais e en materia de infraestruturas rurais

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 22 de maio de 2022.– A Xunta e o Concello de Cartelle veñen de constatar avances nos procesos de reestruturación parcelaria abertos neste municipio ourensán. Foi nun encontro que mantivo o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, co alcalde da localidade, Jaime Sousa.Así, na reunión constatouse que se está executando a rede de camiños secundarios do proceso de San Tomé, coa idea de telos listo este ano tras investir 1,2 millóns de euros. Neste caso, estase actuando sobre unha área de 1.636 hectáreas, con 1.130 propietarios implicados que viron como as súas 26.631 parcelas iniciais se reconvertían en 2.919 predios. Cómpre destacar que a Xunta xa ten destinado a esta parcelaria preto de 4,4 millóns. Canto á reestruturación de Cartelle tamén activa, e na que xa se investiron preto de 3,4 millóns de euros, o conselleiro apuntou que este ano se prevé rematar a revisión cartográfica do acordo. Neste caso, a concentración afecta a unha superficie de 1.114 hectáreas, con 1.123 propietarios que conseguiron que as súas 15.957 parcelas iniciais se concentrasen en 3.422 predios finais. Por último, confírmase tamén o avance na execución da concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz, co obxectivo de poder darlle firmeza ás bases. No encontro, tamén se tratou a anticipación aos incendios forestais. Así, o conselleiro trasladou ao Concello de Cartelle a importancia de que se adhira ao convenio de protección das aldeas subscrito entre a Xunta, a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga –ao que xa están incorporados un total de 273 municipios da nosa comunidade– xa que aportaría múltiples beneficios ao consistorio. Tamén se falou de infraestruturas rurais, trasladando ao alcalde o firme compromiso do Goberno galego a prol da mellora de infraestruturas claves para garantir a calidade de vida dos residentes no municipio.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE