• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta concedeu en 2021 case 120.000 axudas por valor de 544 millóns de euros, das que o 87% corresponderon a empresas e persoas traballadoras autónomas

A Xunta concedeu en 2021 case 120.000 axudas por valor de 544 millóns de euros, das que o 87% corresponderon a empresas e persoas traballadoras autónomas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:30

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, expuxo no Parlamento de Galicia algúns dos indicadores que evidencian o impulso que o Goberno galego está a dar ás políticas de emprego

Cifrou en 612 millóns de euros o orzamento comprometido no exercicio 2021, un 153% sobre o presuposto inicial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

No que vai de ano, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade xa publicou no Diario Oficial de Galicia 96 resolucións e ordes de axuda e leva subscritos máis de 40 convenios de colaboración

Lorenzana destacou que un de cada catro contratos asinados no último mes foron fixos–descontinuos, o que evidencia que coa nova lexislación laboral estase a pasar “da precariedade temporal á precariedade indefinida”

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu axudas o ano pasado a 118.554 beneficiarios por valor de máis de 544 millóns de euros. En 102.955 casos (o 87%) os apoios chegaron a empresas e traballadores autónomos. Este indicador foi un dos apuntados pola conselleira, María Jesús Lorenzana, no Parlamento de Galicia, no que defendeu hoxe o impulso ás políticas de emprego como un dos eixos prioritarios da acción do Goberno galego. Ademais dos apoios sinalados, a Xunta tamén levou a cabo 1.423 accións formativas nas que participaron 20.000 persoas; puxo en marcha 2 plans de rescate autonómicos por máis de 182 millóns de euros, cos que se atenderon 80.000 solicitudes que recibiron os pagamentos, como media, por debaixo dos 15 días dende a presentación do formulario de solicitude. Lorenzana remarcou que as novas actuacións da Xunta reverterán na mellora da cualificación e empregabilidade da cidadanía, promoverán o emprendemento e os apoios á contratación e favorecerán a competitividade e consolidación das actividades empresariais. En 2021 a área que dirixe comprometeu un total de 612 millóns de euros, o que representa un 153% respecto do orzamento inicial de 400,8 millóns da consellería para dito exercicio, un esforzo levado a cabo para dar resposta ás necesidades emanadas da crise sanitaria. O mercado galego está a avalar, a xuízo da conselleira, a xestión realizada no eido laboral. Así, aseverou Lorenzana, desde que comezou a pandemia saíron dun ERTE cerca de 160.000 traballadores, o 96,7% dos afectados e que os datos da EPA reflicten que Galicia rexistra unha cifra de afiliacións non vista un abril desde 2009. Na fotografía que fixo do mercado laboral galego, Lorenzana destacou o número de persoas paradas é o máis baixo (150.602) nun abril de toda a serie histórica e a caída interanual (–11,81%) a maior en 26 anos. A conselleira lembrou que desde decembro de 2021 ata a semana pasada, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou no Diario Oficial de Galicia 96 resolucións e ordes de axuda e leva subscritos máis de 40 convenios, o que permite dar fe de que se está a traballar pola formación e a colocación, polo emprego, polo traballo autónomo, pola economía social, polas relacións laborais e pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Neste marco, o Goberno galego está a apoiar con liñas específicas aos colectivos prioritarios a través dos Plans Emprega que xa levan un elevado índice de execución, ?re o caso do Emprega Muller co 50% dos seus 35,8 M? xa activados; Xuventude, dotado con 51,8M? co 100% en execución); e o de Discapacidade e Exclusión Social con 40M?, dos que 70% activos. En paralelo, no primeiro trimestre deste ano se activaron 26M? en apoios a autónomos e pequenas empresas, indicou a conselleira. Lorenzana lamentou as mensaxes triunfalistas e o exercicio de “maquillaxe” que o Goberno central está a facer cos datos de emprego, xa que o novo marco laboral está facendo que se pase “da precariedade temporal á precariedade indefinida”, xa que os contratos fixos descontinuos, indicou, están a representar o 25% das contratacións. Así, especificou, a aplicación efectiva da reforma laboral non se está a corresponder cun aumento do emprego de calidade, senón que o que se está a producir é un transvase de contratos temporais a fixos descontinuos. “Non imos permitir que se compare a política laboral e económica do Estado co que se leva facendo anos na Xunta, de maneira coherente e sempre en contacto co sector produtivo”, rematou a titular de Promoción do Emprego. Normal 0 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar