• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta completa o programa Vexo Veo Xacobeo cun videoxogo a disposición dos colexios participantes

A Xunta completa o programa Vexo Veo Xacobeo cun videoxogo a disposición dos colexios participantes

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:05

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de clausura do proxecto “Camiña con Clementina peregrina” en Caldas

A actividade ten como obxectivo tratar de achegar aos máis novos á cultura ao redor do Camiño de Santiago

Nesta actividade participaron 650 nenos e nenas de 8 centros educativos da provincia de Pontevedra

Nos vindeiros días, poñerase a disposición dos colexios participantes o novo vídeo–xogo do Vexo Veo Xacobeo polo cal os nenos e nenas de una maneira totalmente lúdica poderán ir explorando e descubrindo o Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá nos actos de clausura do proxecto “Camiña con Clementina Peregrina”, no marco do proxecto Vexo Veo Xacobeo que trata de achegar aos máis pequenos coñecementos sobre o Camiño de SantiagoSegundo explicou a directora no acto de clausura que tivo lugar no “é fundamental educar aos cativos nos valores do Camiño, porque fan referencia á solidariedade, o compañeirismo e o esforzo, e ademais tamén cremos que deben coñecer que forma parte da identidade de Galicia e que se trata dun elemento cultural e patrimonial de primeira orde do que debemos estar moi orgullosos e que debemos difundir a todo o mundo”.Na súa intervención, Nava Castro salientou a importancia desta actividade, facendo fincapé en que un dos eixes tractores da celebración deste Xacobeo é o achegamento da celebración a cada un das galegos e galegas e, por suposto, a participación dos máis pequenos no coñecemento dunha parte fundamental da nosa cultura. Así, cada centro educativo participante no proxecto elaborou un proxecto coa finalidade de divulgar o Camiño de Santiago, do Xacobeo e os seus valores. O programa Vexo Veo Xacobeo é unha iniciativa que pretende a recuperación do patrimonio inmaterial e que achega o intercambio cultural a través da tradición oral aos cativos de educación infantil e primaria. Nesta actividade participaron 650 nenos e nenas de 8 centros educativos da provincia de Pontevedra e concretamente do colexio de Caldas de Reis, un total de 120 nenos e nenas de educación infantil e primaria. Nos vindeiros días, dende a Xunta poñerase a disposición dos colexios participantes o novo vídeo–xogo do Vexo Veo Xacobeo que transmite, mediante a protagonista Tina Calixitna, os valores e costumes do Camiño de Santiago, ademais da practicas das habilidades educativas.Os nenos e nenas de una maneira totalmente lúdica poderán ir explorando e descubrindo o Camiño de Santiago coa axuda de Tina Calixtina a través do video xogo en 5 capítulos que permiten coñecer a simboloxía do Camiño, os recursos naturais e patrimonias ata chegarmos a Oficina do Peregrino para obter a Compostela e ver a Catedral e o botafumeiro. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2