• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta comparte experiencia con Italia sobre a recuperación e posta en valor do agro galego a través dos grupos de desenvolvemento rural

A Xunta comparte experiencia con Italia sobre a recuperación e posta en valor do agro galego a través dos grupos de desenvolvemento rural

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:35

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantuvo un encontro con esta representación para coñecer de primeira man o impacto da Medida Leader na súa rexión

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2022A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, recibiu unha delegación italiana formada por representantes dos Grupos de Acción Local do Delta 2000, do Ducado, da Altra Romaña e de Valli Conca e Marecchia para compartir experiencias en materia de recuperación e posta en valor do agro a través dos distintos grupos de desenvolvemento rural (GDR) e coñecer tamén o impacto da Medida Leader en territorio galego e italiano. Así, a directora xeral sinalou que este tipo de proxectos que subvenciona a medida Leader –tanto os de carácter produtivo como os non produtivo– nos concellos rurais permiten dinamizar as oportunidades de negocio e son unha ferramenta que contribúe ao equilibrio territorial no rural galego, posto que o elemento esencial da metodoloxía Leader é que se trata de "procesos de abaixo cara arriba", de forma que se garanta a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas, a través do labor dos GDR. Nesta liña, Santé subliñou que só no ano 2021, no conxunto dos 24 GDR galegos aprobáronse un total de 280 proxectos, mobilizando un orzamento de preto de 31 millóns de euros, dos cales a axuda pública foi de 13,6 millóns de euros. Do total de proxectos aprobados, 141 foron de carácter produtivo (aqueles que supoñen a realización dunha actividade económica), cun orzamento de 25 millóns de euros e unha axuda pública de 9,7 millóns de euros. No tocante a proxectos de carácter turístico, o programa destinou en Galicia máis de 20 millóns de euros en proxectos de turismo no período 2014–20, cunha media de inversión de arredor de 290.000 euros por proxecto. No encontro tamén fixeron un balance da posta en marcha do programa Leader. Nestes 30 anos, o Leader en Galicia permitiu apoiar uns 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, así como consolidar case 6.000 empregos e crear máis de 5.000 novos. Esta delegación italiana culminou a súa viaxe con visitas a diversos proxectos beneficiarios das axudas da Medida Leader, tales como varios albergues e casas de turismo rural. Tamén mantiveron un encontro cos membros da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos, onde abordaron principalmente iniciativas relacionadas co Camiño de Santiago e as distintas rutas xacobeas que pasan polos municipios rurais da nosa Comunidade. Normal 0 false false false


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar