• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta colabora na mellora da Casa do Concello de Cospeito a prol dunha mellor atención á cidadanía

A Xunta colabora na mellora da Casa do Concello de Cospeito a prol dunha mellor atención á cidadanía

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:55

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a casa consistorial da localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público do Goberno galego

Destinouse unha achega de 35.000 euros que permitiu reorganizar espazos, garantir a iluminación natural e a ventilación, e mellorar a imaxe exterior do edificio

O orzamento global da liña de axudas ascende este ano a 3,5 millóns de euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, a Casa do Concello de Cospeito para coñecer as actuacións desenvolvidas no edificio ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público da Xunta. As obras realizadas supuxeron unha achega de 35.000 euros para a redistribución de espazos a prol dunha mellor atención á cidadanía, así como para a eliminación de humidades.Así, trasladouse a área técnica de arquitectura e urbanismo do segundo andar ao baixo, de xeito que se puido reorganizar o espazo superior destinado á administración xeral. A división garantiu tamén a iluminación natural e a ventilación, ademais de permitir habilitar unha entrada desde o exterior que lles facilita o acceso ás persoas de mobilidade reducida. A maiores, mellorouse o arquivo de documentación en papel, tanto de carácter xeral coma os propios da área de arquitectura, urbanismo e medio ambiente. A intervención centrouse tamén na impermeabilización exterior do edificio e na subsanación das deficiencias existentes na pintura co obxectivo de mellorar a imaxe das instalacións. No percorrido pola Casa do Concello, Natalia Prieto, destacou a importancia de que os municipios conten con infraestruturas administrativas que lle garantan unhas óptimas condicións de traballo ao persoal e unha boa atención á cidadanía. Nesta liña referiuse ao esforzo da Xunta coa convocatoria anual da Orde de infraestruturas de uso público destinada aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes, que neste exercicio supón un investimento de 3,5 millóns de euros. Segundo a directora xeral, o obxectivo é “garantir o equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano, o interior e a costa para que a poboación teña as mellores condicións de vida con independencia da súa residencia”. A Orde de infraestruturas súmase a outras liñas de apoio aos concellos de menor poboación, como o Fondo de Compensación Ambiental. Ao abeiro de todas elas, a Xunta investiu en Cospeito máis de 650.000 euros desde 2009. As distintas achegas destináronse a actuacións de recuperación, conservación e divulgación ambiental, así como de mellora do alumeado, da pavimentación e do saneamento, entre outras.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Madrugá desde las calles de Sevilla

La Madrugá desde las calles de Sevilla

Escuchar