• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta certifica a preto de 150 persoas a formación en prevención e tratamento do acoso sexual no traballo

A Xunta certifica a preto de 150 persoas a formación en prevención e tratamento do acoso sexual no traballo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:45

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe no webinario Protocolo de prevención do acoso sexual desde unha perspectiva práctica, unha xornada organizada polo Colexio de Economistas de Lugo

O campus virtual en igualdade laboral impartiu ata o de agora catro edicións deste curso cunha duración de 10 horas cada sesión co reto de facilitar mecanismos para a identificación deste tipo de condutas

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022.– A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe no webinario Protocolo de prevención do acoso sexual desde unha perspectiva práctica, organizado polo Colexio de Economistas de Lugo, onde destacou a importancia da formación neste eido para previr e detectar posibles condutas nos centros de traballo. Neste senso, Mancha indicou que é importante e unha obriga que as empresas dispoñan dun protocolo contra o acoso sexual e recordou que a normativa laboral recolle sancións relacionadas co acoso sexual, por razón de orientación sexual ou de sexo, xa que explicou que “cando este tipo de casos se producen atácase á integridade das persoas traballadoras, a súa dignidade e intimidade”. O campus virtual en igualdade laboral que a Xunta impulsa desde o pasado ano ofertou ata o de agora catro edicións do curso de formación en prevención e tratamento do acoso sexual no traballo. Así, preto de 150 persoas recibiron unha certificación pola participación nesta acción formativa de 10 horas de duración. A información sobre este curso pódese atopar a través da web www.aigualdadelaboral.gal A directora xeral apuntou que a Guía para a prevención e tratamento do acoso sexual e do acoso por razón de sexo nas pemes, que publicou o pasado ano a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, serviu de base para a formación que se está a impartir nesta materia no campus virtual. O documento está dispoñible tamén na web de igualdade laboral. Segundo resaltou Mancha, o impulso deste tipo de formación é un obxectivo da Xunta porque promove o emprego de calidade, atendendo á diversidade e á igualdade. “Contribúe á mellora da competitividade do tecido empresarial e a impulsar unha Galicia máis sustentable coa responsabilidade social empresarial como elemento diferencial”, subliñou. Para rematar, a directora xeral de Relacións Laborais salientou que o Goberno galego traballa para favorecer o emprego de calidade entre as galegas e os galegos. “Promover unhas mellores condicións laborais, unha maior capacitación dos traballadores e xerar a igualdade de oportunidades no mercado de laboral contribúe a promocionar a saúde, a seguridade e o benestar laboral nas empresas galegas”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo Misioneros por el mundo

Misioneros por el mundo

Con Asell Sánchez-Vicente

Ver TRECE