• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta celebra o aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade cunha programación cultural na Praza Maior

A Xunta celebra o aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade cunha programación cultural na Praza Maior

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:25

Será o día 30, con actuacións de música, danza e maxia, unha mostra fotográfica e a presentación dun xogo de realidade virtual patrocinado polo Goberno galego

A Xunta de Galicia celebrará o día 30 o XXII Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade desenvolvendo unha gala cultural na Praza Maior que inclúe música, danza, maxia ou a presentación dun videoxogo de realidade virtual patrocinado polo Goberno galego para a ocasión. Estará conducida polo xornalista Xulio Xiz.
O delegado territorial, Javier Arias, invita á cidadanía a desfrutar do evento, de asistencia libre e gratuíta. Comezará ás 17.00 horas e contará coa actuación do conxunto vocal Lugh, o quinteto de metais da Asociación Músico Crisanto, os alumnos do Conservatorio de Danza de Lugo e o mago Rafa.
Ademais, presentarase o videoxogo de realidade virtual Descubre a Muralla, creado por ‘Unha de Romanos’ co patrocinio da Xunta –a través de Turismo de Galicia– con motivo desta efeméride. É unha proposta para todas as idades, pero especialmente idónea para proporcionar á mocidade unha ferramenta lúdica coa que afondar no coñecemento do monumento.
Tamén se proxectarán un vídeo homenaxe de conmemoración da data e outro sobre os traballos arqueolóxicos levados a cabo pola Xunta nos últimos meses na Muralla, a musealización da galería que atravesa os paramentos preto do Cubo VI, nas inmediacións da porta do Bispo Odoario, e doutros elementos como unha balsa rectangular que discorre paralela ao monumento. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades investiu 78.780 euros nesta intervención.
No templete da praza permanecerán expostas as obras de alumnos titulados do grado superior de Fotografía da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, que aportan distintas miradas sobre a Muralla.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2