• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta busca consolidar Galicia como a principal rexión en produción e exportación de castañas de España

A Xunta busca consolidar Galicia como a principal rexión en produción e exportación de castañas de España

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:10

A Comunidade galega aglutina máis da metade da produción de castaña e unha porcentaxe similar das empresas comercializadoras e das industrias de primeira e segunda transformación vinculadas a este aproveitamento forestal

O Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña contempla apoiar iniciativas que poñan en valor o souto tradicional, a castaña e o seu aproveitamento como patrimonio natural, cultural e recurso turístico

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, apoiou os produtores galegos do sector da castaña coa súa presenza na IX Festa da pisa da castaña de Purdeus, no concello ourensán de Parada de Sil. Alí, destacou que a Consellería do Medio Rural está a impulsar o sector co Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña, que busca consolidar Galicia como a principal rexión en produción e exportación de castañas de EspañaAsí, cabe indicar que a Comunidade galega aglutina máis da metade da produción de castaña e unha porcentaxe similar das empresas comercializadoras e das industrias de primeira e segunda transformación vinculadas a este aproveitamento forestal. Ademais, o propio Programa estratéxico contempla apoiar iniciativas que poñan en valor o souto tradicional, a castaña e o seu aproveitamento como patrimonio natural, cultural e recurso turístico. Neste senso, o Programa pon en valor actuacións ligadas a tradicións coma os magostos ou a pisa tradicional da castaña –como é o caso desta festa–, a recuperación de infraestruturas tradicionais coma sequeiros ou caínzos e o impulso ás visitas e ao coñecemento de soutos destacados, coma os recollidos no Catálogo de árbores senlleiras.Ademais, cómpre sinalar que a superficie actual de castiñeiro en Galicia supera as 49.000 hectáreas –localizadas principalmente nas comarcas do leste das provincias de Lugo e Ourense–, cunha produción media nos últimos anos próxima aos 20 millóns de quilogramos, cuxo valor económico rolda os 20 millóns de euros pagados aos produtores e os 50 millóns en produtos transformados.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo