• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta avoga por mellorar as condicións laborais das redeiras para asegurar a remuda xeracional e atraer a xente nova a este oficio feminizado

A Xunta avoga por mellorar as condicións laborais das redeiras para asegurar a remuda xeracional e atraer a xente nova a este oficio feminizado

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:55

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na presentación dun estudo pioneiro elaborado pola Xunta sobre a situación sociolaboral do colectivo

Lorenzana constatou a idade elevada das traballadoras que se achega aos 54 anos e a perda de profesionais que desde 2016 se sitúa cerca do 37 %

A titular de Mar salientou o importante papel das redeiras no sector marítimo–pesqueiro galego e trasladou o compromiso da Xunta de traballar na busca de opcións laborais reais para o sector coas que blindar o seu futuro

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentaron hoxe na lonxa de Malpica de Bergantiños o pioneiro estudo sobre a realidade sociolaboral das redeiras galegas, elaborado pola Administración autonómica, co obxectivo último de facer máis atractiva, dignificar a profesión e impulsar a remuda xeracional do colectivo. Tal e como destacou Lorenzana, a diagnose realizada evidencia que este oficio se atopa “fortemente feminizado”, ao representar as mulleres o 91 % do total das persoas que o conforman: 375 profesionais dos que soamente 33 son homes. A conselleira apuntou como reto cara o futuro da profesión, o fomento da remuda xeracional. Esta necesidade emana, segundo relatou, de que o 76,3 % das profesionais a nivel estatal son mulleres galegas, cunha forte baixa nos últimos anos. Desde 2016, esta perda se cuantifica no 36,8% das artesás. Neste oficio, ademais, a idade media das traballadoras é elevada, ao se situar nos 53,8 anos. “Con estes datos é evidente que debemos promover unha mellora das condicións laborais e contribuír na creación de contornas sostibles para atraer a persoas novas a esta profesión”, indicou Lorenzana, quen lembrou que o das redeiras e un oficio mariñeiro dos máis antigos, que debe seguir a formar parte do patrimonio cultural galego e do seu presente e futuro. A conselleira do Mar, pola súa banda, salientou o importante papel que desempeñan as redeiras no sector marítimo–pesqueiro galego, un dos sinais de identidade dos portos de Galicia. “Como reivindicades vós: sen pesca non hai redes, e sen redes non hai pesca. Sodes fundamentais para a economía da comunidade e un exemplo de asociacionismo feminino, xeneroso e exemplar”, subliñou. Por iso, Rosa Quintana trasladou o apoio da Xunta ás profesionais do sector na busca de opcións laborais reais e na consecución da remuda xeracional. Para lograr estes obxectivos, destacou, é vital poñer un valor un oficio artesán e un saber facer único que xa souberon apreciar xigantes da moda como Inditex ou Loewe contribuíndo a que o colectivo avanzase na diversificación da súa actividade. O documento hoxe presentado, elaborado en colaboración coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, estrutúrase en cinco apartados nos que se analizan, entre outros aspectos, os datos de afiliación á actividade pesqueira e ao réxime especial do Mar, a incidencia das baixas rexistradas, dos buques e vendas das lonxas, o perfil da redeira, o acceso á profesión, xornada laboral, saúde das profesionais, e as conclusións da diagnose da súa realidade sociolaboral. A Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), está a desenvolver desde 2022 outro estudo complementario sobre saúde laboral no colectivo das redeiras. Visitáronse lugares de traballo e se realizaron recoñecementos médicos específicos a unha mostra significativa destas mulleres que continúan durante este ano para identificar riscos e valorar o estado de saúde destas profesionais. Grazas a estes traballos, a Administración autonómica disporá dos indicadores máis relevantes que permitirán deseñar actividades de sensibilización, información e formación a este colectivo para promover melloras a través de medidas preventivas no seu traballo cotiá.A Xunta de Galicia realizou, por outra banda, cursos formativos no marco dun convenio asinado en 2022 coa Federación Galega de Redeiras sobre asuntos relacionados coas novas tecnoloxías, reciclaxe ou economía azul, nos que se formaron 345 redeiras.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar