• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta avoga no Parlamento por devolverlle á aldea galega o seu papel protagonista como sistema de ordenación do territorio rural que sempre cumpriu

A Xunta avoga no Parlamento por devolverlle á aldea galega o seu papel protagonista como sistema de ordenación do territorio rural que sempre cumpriu

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 03:02

José González engadiu que, en todo caso, esa aldea “ten que construírse con criterios do século XXI e poder presumir dela como un modelo a replicar en calquera outra parte do territorio”


Defendeu que nesta aldea modelo de Osmo vanse cumprindo os catro requirimentos que teñen que respectar estes núcleos, como son a seguridade diante dos incendios, contar con actividade económica, a rehabilitación e a dixitalización

En relación con isto último, referiuse ao concepto de “aldeas intelixentes”, que impulsa a Xunta e que supón avanzar na conectividade dixital, na autosuficiencia enerxética e na incorporación de últimas tecnoloxías nas explotacións agrogandeiras

Normal 0 false false false Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022 O conselleiro do Medio Rural, José González, avogou hoxe por “devolverlle á aldea en Galicia o seu papel clave como sistema de ordenación do territorio que sempre desempeñou”. Iso si, engadiu, esa aldea “ten que construírse con criterios do século XXI e poder presumir dela como un modelo a replicar en calquera outra parte do territorio”. Así se pronunciou José González esta tarde no Pleno do Parlamento galego, en resposta a unha pregunta sobre a aldea modelo de Osmo, no concello ourensán de Cenlle, a primeira posta en marcha na nosa comunidade. Ademais, o conselleiro incidiu en que precisamente detrás da iniciativa das aldeas modelo está a idea de tratar de repoñer a estes núcleos de poboación o papel protagonista que sempre tiveron na ordenación do territorio no rural galego.Nesta liña, José González explicou tamén que o concepto de aldea modelo ten que cumprir catro requirimentos, que no caso de Osmo –destacou– están xa cumpridos en gran parte, malia que “aínda quedan cousas por facer”, advertiu. Así, en primeiro lugar, destacou que esta aldea xa cumpre o principio de ser segura diante dos incendios. Como mostra, o conselleiro puxo de exemplo que no lume rexistrado en agosto pasado nese concello, os peches da aldea pararon o lume e, de acordo cos informes dos técnicos de extinción, unha das zonas de ancoraxe (de control) do incendio foi, precisamente, o núcleo de Osmo.En segundo termo, o titular de Medio Rural referiuse á necesidade de contar con actividade económica na aldea, algo que está garantido en Osmo mediante unha explotación de porco celta en extensivo que ademais defendeu como especialmente “sustentable”. En terceiro termo, o conselleiro falou da importancia da rehabilitación da parte “urbana” da aldea e, neste sentido, anunciou a posta en marcha dun plan de dinamización, algo así –explicou– como un plan “especial” para garantir que non haxa casas deshabitadas en ruínas e que os labores de recuperación das edificacións se fagan con respecto á tradición e con utilización de madeira como material construtivo, na medida do posible.Por último, José González referiuse ao concepto de “aldeas intelixentes” que supón dar un paso máis na dixitalización e no aproveitamento das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para avanzar na conectividade dixital, a autosuficiencia enerxética e a incorporación de últimas tecnoloxías nas explotacións agrogandeiras. Neste sentido, puxo en valor a consulta preliminar ao mercado feita polo Goberno galego, que agora vai concluír nunha compra pública de innovación, para procurar solucións tecnolóxicas nas aldeas. Unha consulta que, destacou, trouxo como resultado máis de 160 propostas de diferentes empresas interesadas en aportar ideas ao proxecto, só na primeira xornada de valoración de resultados. Houbo –engadiu– unha segunda xornada no pasado mes de marzo e este mesmo venres terá lugar unha terceira de apoio ás aldeas intelixentes, con retos “tan importantes como pode ser unha plataforma intelixente para a xestión dos servizos no ámbito local ou unha plataforma de rastrexabilidade para aqueles produtos das aldeas modelo”, concluíu.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar