• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta avanza en Culturgal as accións do Centro Dramático para a proxección exterior do teatro galego nunha decena de países

A Xunta avanza en Culturgal as accións do Centro Dramático para a proxección exterior do teatro galego nunha decena de países

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 20:10

Os directores de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e do CDG, Fran Núñez, detallan esta nova dinámica de internacionalización, que inclúe a participación en dous proxectos europeos, programas de intercambio, xiras e presenza en festivais con producións propias e coproducións

A montaxe da compañía pública O charco de Ulises é unha das catro finalistas a mellor espectáculo estranxeiro nos 60º Premios Florencio da Asociación de Críticos Teatrais de Uruguai a raíz das representacións ofrecidas o ano pasado en Montevideo

A actividade no ‘stand’ da Xunta intensifícase na terceira xornada de feira con obradoiros, sorteos e actuacións de danza, música e maxia

O Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acolle os concertos de Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore baixo a organización da Asociación Galega de Empresas Musicais en colaboración co Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

O Centro Dramático Galego protagonizou esta tarde en Pontevedra unha das presentacións da terceira xornada da feira Culturgal para detallar as diferentes accións de internacionalización da escena galega impulsadas pola unidade de produción teatral da Xunta, así como para avanzar os proxectos que porá en marcha en 2023 co obxectivo de continuar afondando na proxección exterior do noso teatro e dos seus profesionais. Os directores da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, expuxeron no Espazo Profesional os principais fitos desta actividade internacional, que se estende a unha decena de países a través da implicación da compañía pública en dous proxectos europeos e noutros programas de intercambio, ademais da organización de xiras e a presenza en festivais con producións propias e coproducións. “Esta mesma semana soubemos da candidatura de O charco de Ulises a mellor espectáculo estranxeiro na 60ª edición dos Premios Florencio que outorga a Asociación de Críticos Teatrais de Uruguai”, explicou Jacobo Sutil, quen lembrou que precisamente hai un ano o Centro Dramático Galego cruzaba por vez primeira o Atlántico para ofrecer representacións desta produción en Montevideo e Bos Aires, en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración.Pola súa banda, Fran Núñez subliñou que a Galicia exterior, coa ollada posta na colectividade galega en América e Europa, é unha das catro liñas de traballo que o Centro Dramático Galego explora a través do seu programa de internacionalización. Ao tempo, a unidade de produción teatral da Xunta está a intensificar os lazos con institucións, compañías e festivais portugueses para exhibir as súas producións, realizar coproducións e acoller programas de intercambio como as Quintas do Camões.Outro dos eixes ten que ver coa situación xeográfica de Galicia como ponte entre América e Eurasia, participando en redes internacionais como a Eurasia Theater Association e promovendo a colaboración de formacións galegas con estruturas foráneas, como o traballo de Cinema Sticado coa turca Tíyaro Eksen no espectáculo Tolo; mentres que o cuarto estase a enfocar cara aos vínculos de Galicia coa cultura de raíz celta a través da próxima posta en marcha dun proxecto xunto a entidades de Bretaña, Escocia, Gales e Irlanda. O director do Centro Dramático Galego detívose, así mesmo, nos dous proxectos europeos dos que forma parte a compañía institucional: Nós/Nous e Phone. O primeiro deles conta tamén coa implicación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e doutras sete entidades de Francia e de Portugal para lle achegar ao alumnado unha experiencia de creación e interpretación no contexto profesional dos teatros públicos asociados.Pola súa banda, o proxecto Phone reúne estruturas teatrais de sete países Holanda, Francia, Romanía, Italia, Irlanda e Alemaña, ademais de España) co obxectivo de poñer en valor de linguas minoritarias a través das artes escénicas, desenvolvendo conxuntamente producións e coproducións, residencias artísticas, podcast e vodcast, encontros profesionais e publicacións. Ademais desta presentación, a actividade da Xunta nesta penúltima xornada da 15ª edición de Culturgal intensifícanse especialmente no stand institucional xa desde a mañá. Neste espazo, Paula Quintas e Kirenia Martínez Acosta comparten a súa experiencia en investigación e creación no ámbito das artes do movemento con motivo das súas respectivas coproducións co Centro Coreográfico Galego.A continuación, desenvólvense as diferentes quendas do obradoiro de papiroflexia, impartido por Anaquiño de Papel e organizado pola Cidade da Cultura de Galicia, mentres que pola tarde o stand da Xunta acolle un sorteo vinculado á proxección do filme Unicorn Wars e é o escenario dun showcase da cantautora Antía Muíño e dos trucos do Mago Teto.Entre a trintena de actividades coas que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades contribúe directamente á programación da feira Culturgal, da que é principal entidade patrocinadora, destaca tamén o taller creativo que Natalia Santamaría imparte esta tarde no Espazo Arte, baixo a organización do Centro Galego de Arte Contemporánea, así como tres das citas que acolle o Espazo Infantil como parte de TeCe Redes en galego do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21–22: Xogos de mesa en galego, con Brazolinda; Cadernos de cores e cancións, con Magín Blanco, e o Lar das palabras, de Capicúa 360.Esta terceira xornada pecharase con música da man de Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore, que tocarán no Auditorio do Pazo da Cultura a partir das 20,00 h. nunha acción organizada pola Asociación Galega de Empresas Musicais en colaboración coa Xunta.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2