• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta avalía coa Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa os danos polos incendios forestais na zona e as medidas para paliar a afectación

A Xunta avalía coa Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa os danos polos incendios forestais na zona e as medidas para paliar a afectación

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:20

No encontro participaron tamén expertos do CIF de Lourizán que inspeccionaron a zona afectada e que constataron un impacto en xeral baixo nos solos e só moderado nalgunhas áreas específicas

O conselleiro sinalou que a xuntanza serviu para avaliar as medidas a adoptar a medio e longo prazo, para o que pediu a colaboración dos concellos e da poboación en xeral co fin de procurar un territorio “o máis resiliente” fronte o lume

O Goberno galego xa se adiantou e está a facer traballos paliativos na contorna do Barbanza para evitar os arrastres das cinzas nas áreas delimitadas polos técnicos de Augas de Galicia en coordinación cos do CIF de Lourizán

Boiro (A Coruña), 17 de agosto de 2022.– O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo este mediodía un encontro cos responsables da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, para avaliar a situación tras os incendios forestais rexistrados nos últimos días nesta zona.Na reunión participou tamén Cristina Fernández, especialista do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que nos últimos días inspeccionou, xunto con outros técnicos, o terreo afectado e que explicou os detalles da afección e as posibles medidas a tomar para previr a erosión no chan. Neste sentido, trasladou que a afectación nos solos foi en xeral baixa e só moderada en puntos concretos, nos que se avaliará a posibilidade de adoptar medidas paliativas, a maiores das que se están a executar con carácter urxente por parte de Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, en coordinación cos do CIF de Lourizán. Neste contexto, o conselleiro indicou tamén que a xuntanza serviu para avaliar as medidas a adoptar a medio e longo prazo, para o que pediu a colaboración dos concellos e da poboación en xeral co fin de procurar un territorio “o máis resiliente” fronte o lume. José González avanzou ademais que en breve manterá tamén un encontro de traballo cos representantes das comunidades de montes veciñais en man común da área afectada.Así mesmo, cabe lembrar que a Xunta xa se adiantou e está a facer traballos nas áreas afectadas polo lume na contorna do Barbanza para evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites do rego de Castelo e nas do rego das Lobeiras, ao seu paso polo municipio de Ribeira.Os técnicos do servizo de Conservación Fluvial de Augas de Galicia desenvolveron onte mesmo as inspeccións de campo nas áreas afectadas, en coordinación cos técnicos da Consellería do Medio Rural, tras a determinación dos puntos máis afectados polos incendios co obxectivo de iniciar os labores precisos coa maior celeridade posible. A Xunta prevé actuar ao longo de aproximadamente 2.600 metros, nas áreas límites do rego de Castelo e nas do rego das Lobeiras, ambas as dúas no termo municipal de Ribeira. Trátase de actuar nestas contornas de especial sensibilidade pola proximidade dos leitos fluviais a zonas poboadas e por contar cunhas características singulares que poden favorecer os arrastres das cinzas.Precisamente para evitar estes posibles arrastres, a Xunta está deseñando unhas barreiras de contención aproveitando a propia madeira que se atopa nas ribeiras afectadas, e procederá á aplicación da técnica coñecida como “mulching”, mediante a disposición de palla sobre as áreas afectadas que o precisen.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar