• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta aposta por unha maior coordinación entre as comunidades e o Goberno central para mellorar a eficacia da cooperación para o desenvolvemento

A Xunta aposta por unha maior coordinación entre as comunidades e o Goberno central para mellorar a eficacia da cooperación para o desenvolvemento

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:05

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou en Canarias no “I Encontro Monográfico sobre cooperación e migracións”

Nas diferentes xornadas visitáronse varios centros loxísticos de axuda humanitaria

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participoudesde o mércores no I Encontro temático de Comunidades Autónomas e Cooperación, que nesta edición se dedicou ao tema das migracións. O encontro foi organizado polo Goberno de Canarias e desenvolveuse nas Illas de Tenerife e de Gran Canaria.Este espazo de encontro reuniu a responsables da cooperación para o desenvolvemento das comunidades autónomas xunto con representantes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e de organizacións especializadas no ámbito das migracións.O obxecto principal do encontro foi dialogar sobre o rol da cooperación, e máis concretamente da cooperación descentralizada, na potenciación das migracións como elemento de desenvolvemento dos países empobrecidos tanto desde unha perspectiva teórica, como práctica. O encontro desenvolveuse en tres tipos de espazos: conferencias e mesas redondas, xornadas de traballo e visitas a centros de distribución de axuda humanitaria. Así, visitáronse os centros loxísticos que o Programa Mundial de Alimentos (PMA) e a Cruz Vermella teñen nas Palmas de Gran Canaria.Neste encontro puxéronse as bases para iniciar un proceso de traballo que permita ás cooperacións descentralizadas xerar liñas de traballo conxuntas ou colaboracións puntuais para abordar cuestións migratorias desde o ámbito da cooperación para o desenvolvemento.Jesús Gamallo avogou por manter un diálogo constante e fluído entre as comunidades no ámbito da cooperación para o desenvolvemento co obxectivo de acadar acordos que permitan afrontar os retos futuros neste eido. Neste sentido valorou positivamente o convenio entre a Cooperación descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, que este ano permitirá mobilizar 400.000 euros para axuda ás persoas refuxiadas de Ucraína, entre outros proxectos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar