• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta apoia o desenvolvemento das empresas de economía social de Lugo con achegas por 188.000 ?

A Xunta apoia o desenvolvemento das empresas de economía social de Lugo con achegas por 188.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:15

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se concederon 19 axudas do Bono Consolida para dixitalización, adquisición de equipamento e mellora da competitividade

Lugo, 21 de maiode 2022A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade achegou o pasado ano 187.902 euros a 19 empresas de economía social de Lugo a través do Bono Consolida para apoiar o seu desenvolvemento e modernización.O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que estas axudas están dirixidas ás sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.Na provincia resultaron beneficiadas nove empresas do municipio de Lugo e tres de Vilalba; as demais están situadas en Cervantes, Monforte de Lemos, Palas de Rei, A Pastoriza, A Pontenova, Portomarín e Taboada.O Bono Consolida ten como finalidade o afianzamento de entidades de economía social mediante tres liñas de apoio, para incidir na transformación dixital, na profesionalización e desenvolvemento estratéxico, e na mellora da competitividade empresarial a través de investimentos comúns. No que respecta á transformación dixital das empresas, financiáronse os plans de usos de novas tecnoloxías, os equipamentos informáticos e a adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.A liña de profesionalización e desenvolvemento estratéxico apoiou as investigacións de mercado e análise de potencial competitivo; os plans de márketing, comunicación ou de relanzamento comercial; os plans de futuro e de mellora do negocio; os plans de mellora de xestión financeira; os plans de integración empresarial; os análises de cumprimento normativo e riscos legais; a obtención de certificacións de calidade, e a creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.O terceiro dos programas do Bono Consolida 2021 incluíu axudas para a adquisición de equipamento, reforma do local e mobiliario. Arias subliñou que este ano o Goberno galego está a reforzar o seu compromiso coa economía social con máis de 35 millóns de euros destinados a este fin, un orzamento que se materializa en apoiar e dar continuidade a iniciativas de éxito como a Rede Eusumo ou Aprol Economía Social, e mesmo implantar novos programas cos que seguir a impulsar este modelo.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE