Xunta de Galicia

A Xunta apoia a demanda do sector forestal galego ao Goberno central a prol da mellora da súa fiscalidade

A Xunta apoia a demanda do sector forestal galego ao Goberno central a prol da mellora da súa fiscalidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

María José Gómez sinalou que, en liña co desenvolvemento do Plan Forestal, o que se persegue é unha fiscalidade que permita valorizar os investimentos e o aproveitamento do monte galego, algo que xera beneficio económico e favorece a prevención do lume e a remuda xeracional

Os impostos cedidos de titularidade autonómica xa presentan unha serie de bonificacións e beneficios fiscais aplicables ao sector forestal, pero o problema son os de competencia exclusiva do Estado

A Xunta apoia a demanda do sector forestal galego diante do Goberno central a prol da mellora da fiscalidade para este eido produtivo clave do rural galego en impostos que son competencia exclusiva do Estado, como poden ser o IRPF, o de Sociedades ou o IVE. Así o manifestou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, tras reunirse con responsables da Asociación Forestal de Galicia encabezados polo seu presidente, Antonio Rigueiro. No encontro tamén participaron representantes da

(Unemadera) e da Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga).Na xuntanza, na que tamén tomou parte o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, púxose en valor o traballo conxunto que vén realizando dende hai tempo a Xunta cos representantes do sector para que se poida presentar unha proposta ampla e ambiciosa, neste sentido, perante o Ministerio de Hacienda. Unha proposta que, tal e como lembrou a conselleira, está liderada polo sector en liña co desenvolvemento das medidas xa recompiladas no Plan Forestal de Galicia, aprobado en 2021. Ademais, tamén se enmarca no documento sectorial, xa elaborado con anterioridade, de “Propostas para potenciar a sustentabilidade económica das explotacións forestais en Galicia”, onde se recollen iniciativas para lograr un marco fiscal máis xusto e equilibrado para a actividade silvícola. En base a todo isto, as agrupacións sectoriais a nivel nacional, que engloban os colectivos autonómicos galegos agrupados en

, e co apoio de Greenpeace e WWF, presentarán en setembro próximo o documento de

ao Congreso dos Deputados. Esta proposta está sendo presentada aos diferentes gobernos autonómicos, como se fixo hoxe coa Xunta.Neste mesmo sentido, cómpre recordar que os impostos cedidos de titularidade autonómica xa presentan, en maior ou menor medida, unha serie de bonificacións e beneficios fiscais aplicables ao sector forestal. Tal é o caso, por exemplo, das deducións aplicables ás transmisións de solo rústico ou na cota íntegra de actos xurídicos documentados. O problema son aqueles de titularidade exclusiva do Estado.Entre as cuestións nas que o Estado pode intervir está, por exemplo, conseguir unha maior flexibilidade fiscal no IRFP para aqueles profesionais que, non dedicándose á actividade agrícola, si fan aproveitamento forestal. Actualmente, estas persoas teñen que tributar no Réxime de Estimación Directa por ter outra actividade económica neste réxime, o que, á larga, non lles resulta nada rendible.En todo caso, a proposta da mellora da fiscalidade que emana do sector é extensa e ambiciosa. O que se persegue, en definitiva, é poder ter unha fiscalidade que permita valorizar os investimentos e o aproveitamento do monte galego. Algo que significa apostar pola produtividade territorial, que redunda nunha maior prevención contra os incendios, así como apostar pola remuda xeracional no campo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 07 OCT 2024 | BOLETÍN