• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta apoia a construción dun viveiro empresarial en Val do Dubra cunha axuda de 240.000 euros

A Xunta apoia a construción dun viveiro empresarial en Val do Dubra cunha axuda de 240.000 euros

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:45

Trenor explicou que a creación de viveiros industriais de empresas está dirixida aos novos empresarios para poñer en marcha as súas primeiras etapas de actividade

Estes apoios, de concorrencia competitiva, contan cunha intensidade do 80%, tendo prioridade nas convocatorias os Concellos Emprendedores

Val do Dubra (A Coruña), 18 de maio de 2022.–O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, para anunciar que a Xunta financiará con 240.000 euros, o 80% do investimento, un viveiro empresarial que terá un custe total de 300.000 euros. Esta actuación será posible grazas á colaboración do Goberno autonómico co Concello. O delegado da Xunta subiñou a importancia de que Val do Dubra sexa Concello emprendedor para lograr este proxecto xa que é un dos aspectos que máis puntúa na orde de axudas.A iniciativa contempla a construción dunha nave para a creación dun viveiro industrial de empresas cunha superficie útil de 390,21 metros cadrados con seis naves contiguas, cinco para as actividades empresariais e outra para servizos comúns. O representante do Goberno galego destacou que “a creación de viveiros industriais de empresas están dirixida aos novos empresarios para poñer en marcha as súas primeiras etapas de actividade” destina 1,5M? a impulsar actuacións para a construción, reforma ou equipamento interior de naves industriais para crear un viveiro industrial de empresas. Os apoios están dirixidos aos concellos, que deben ser titulares das naves. A axuda máxima será de 240.000 euros por solicitude.A Xunta, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, tamén destina un total de 8,35 millóns de euros á mellora dos parques empresariais galegos, co obxectivo de renovar e modernizar estas infraestruturas, favorecer a creación de novas compañías e empregos, así como impulsar a competitividade do tecido empresarial galego.En concreto, resérvanse 3,25 millóns de euros para apoiar proxectos de instalación de plantas de depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias, sistemas de seguridade e vixilancia, instalacións de loita contra incendios, sistemas contra roubo de cable e, como novidade, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno. Poderán acceder a estas axudas os concellos galegos, que recibirán un máximo de 120.000 euros por proxecto, cantidade que ascende aos 138.000 no caso de presentar unha solicitude conxunta. Por último, a Xunta activou tamén unha orde de axudas para o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que dá servizo ao parque empresarial. Os beneficiarios tamén serán os concellos, que poderán recibir un máximo dun millón de euros. En total resérvanse 3.600.737 euros.Estes tres apoios, de concorrencia competitiva, teñen unha intensidade do 80% e contemplan anticipos de ata o 25% da axuda concedida, agás para a liña de redes que será do 50%. Na selección de proxectos teranse en conta criterios como a superficie do parque, o seu nivel de ocupación, a poboación do municipio e se é Concello Emprendedor. Estas liñas contribúen a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia polo que, neste sentido, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para facilitar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar