• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta apoia con máis de 121.000 euros unha planta piloto en Ponteareas que persegue atoparlle unha solución integral ás dexeccións gandeiras das explotacións galegas

A Xunta apoia con máis de 121.000 euros unha planta piloto en Ponteareas que persegue atoparlle unha solución integral ás dexeccións gandeiras das explotacións galegas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 02:40

A iniciativa –na que colabora o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo– combina diferentes etapas de depuración e vai acompañada de ensaios de campo para avaliar o potencial fertilizante dos diferentes subprodutos obtidos na planta piloto

En concreto, búscase valorizar os residuos das explotacións de xeito sinxelo, estable e economicamente viable, converténdoos en vermicompost sólido, fertilizante líquido e augas aplicables en irrigación e/ou aptas para o vertido ao dominio público hidráulico

Normal 0 false false false Ponteareas (Pontevedra), 19 de maio de 2022.–O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou esta tarde a sede de Ecocelta, empresa beneficiaria dunha axuda da Xunta de máis de 121.000 euros no marco da convocatoria de 2021 para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal. Grazas á achega concedida, e en colaboración co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e coa empresa Nutrimentos Deza SA, Ecocelta puido poñer en marcha unha planta piloto para a valorización das dexeccións gandeiras como fertilizante, na busca dun sector agrogandeiro máis sustentable e eficiente e con vistas a aplicar o aprendido en futuras plantas comerciais. En concreto, a planta piloto céntrase na depuración de residuos derivados do sector porcino realizando unha separación da fracción sólida e tratando a fracción líquida mediante un sistema de depuración modular novidoso, baseado en procesos de vermifiltración e posterior tratamento de fitodepuración con plantas macrófitas. Así, a tecnoloxía consiste nun sistema natural semiextensivo para o tratamento de dexeccións gandeiras que combina secuencialmente diferentes etapas de depuración. A experiencia vai acompañada de ensaios de campo para avaliar o potencial fertilizante dos diferentes subprodutos obtidos na planta piloto, co fin de conseguir un aproveitamento integral dos residuos dunha explotación de xeito sinxelo, estable e economicamente viable. Deste xeito, a planta contribúe á xeración de vermicompost sólido, fertilizante líquido e augas aplicables en irrigación e/ou aptas para o vertido directo ou indirecto ao dominio público hidráulico. Con este proxecto, búscase avanzar nun sector agrogandeiro máis sustentable e eficiente, mediante a aplicación de técnicas innovadoras na xestión de residuos gandeiros. Nesa liña, optimízase o reciclado e a utilización dos produtos xerados como fertilizantes en cultivos forraxeiros, reducindo así outros aportes de fertilizantes minerais. En consecuencia, axudarase a mitigar emisións de gases e a reducir a pegada de carbono, ao tempo que diminúe a acumulación doutros nutrientes como nitratos e fósforo. Máis aló da presente colaboración, cabe destacar que o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ten unha ampla experiencia no reciclado dos fertilizantes orgánicos e na súa valorización, a través do seu grupo especialista de fertilización e medio ambiente. Así, estes profesionais veñen desenvolvendo actividades de I+D+i especialmente orientadas á avaliación de doses, tipos, momentos e técnicas de aplicación de fertilizantes orgánicos que manteñan ou incrementen as producións e a súa calidade e que melloren a fertilidade do solo reducindo o impacto medioambiental, con participacións salientables en proxectos de investigación rexionais, nacionais e internacionais.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo