• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta apoia catro proxectos artísticos ligados á realidade virtual, á innovación téxtil, á saúde mental e ao patrimonio sonoro nas residencias do Gaiás

A Xunta apoia catro proxectos artísticos ligados á realidade virtual, á innovación téxtil, á saúde mental e ao patrimonio sonoro nas residencias do Gaiás

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:24

Realizarán o seu traballo na Cidade da Cultura entre outubro e decembro cunha bolsa de 8.000 euros por proxecto ademais de espazos, recursos e equipos técnicos

Foron seleccionados entre 56 propostas atendendo a criterios de calidade artística, viabilidade e oportunidade para proxección da súa traxectoria creativa

Unha persoa mentora especialista en cada unha das áreas da convocatoria ?artes escénicas, visuais, musicais e deseño? acompañará o seu desenvolvemento

A convocatoria encádrase no programa ‘REGA 22’, destinado a apoiar o talento, dar visibilidade á creación contemporánea e consolidar o Gaiás como rótula do ecosistema cultural galego, en liña cos obxectivos do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura

A Xunta de Galicia vén de dar a coñecer os proxectos beneficiarios da convocatoria das Residencias Artísticas do Gaiás ? REGA para este ano 2022. As propostas seleccionadas apostan por empregar a realidade virtual para conectarnos coa natureza; por investigar os materiais de refugallo da industria para a fabricación de novos tecidos; por abordar a saúde mental e o illamento desde a experiencia escénica, e por impulsar a investigación e posta en valor do patrimonio sonoro compostelán.O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, deron a benvida no Gaiás aos creadores que, de outubro a decembro, realizarán estas residencias artísticas. Coa convocatoria das REGA 22, a Xunta dá continuidade á ambiciosa liña de traballo iniciada o ano pasado para apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea, en liña cos obxectivos do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura. Na categoría de artes visuais o proxecto seleccionado é Man verde, da galega Noa Rodríguez e a danesa Anna Stroe. O seu traballo adscríbese á corrente de Arte e Ciencia e aspira a facer un mundo máis consciente dos recursos materiais e naturais que supón o uso da tecnoloxía. Para iso, construirán unha instalación interactiva cuberta de plantas locais silvestres que gardará no seu interior uns lentes de realidade virtual. Ao moverse e tocar as plantas, activaríase unha imaxe virtual construída a través do tacto que faría visible o seu impacto e o intercambio de enerxía entre o aparello tecnolóxico e o medio natural que o recobre.Investigar, documentar e transformar artisticamente o patrimonio sonoro contemporáneo de Santiago é o obxectivo de Compostela In–audita, un proxecto co que Nacho Muñoz, compositor, artista sonoro e produtor musical galego, se fixo merecedor da bolsa REGA 22 na categoría de artes musicais. A partir de imaxes e sons específicos que recollerá nas rúas e parroquias durante a súa residencia, Muñoz dará forma no Gaiás a un concerto audiovisual sobre a identidade e espiritualidade da capital galega a través da escoita. Na parte visual contará ademais coa colaboración do creador Roi Fernández.A residencia en artes escénicas foi outorgada á compañía de nova creación Teatro et al., fundada por Miguel Ponce de Léon. Co título (Z29.0) ?referencia ao código médico que indica “admisión para protexer ao individuo da súa contorna ou para o illamento despois do contacto con doenzas”?, o grupo explorará a conexión entre a incomunicación, o trauma e a represión da memoria. A súa pescuda dará froito a unha peza escénica que terá a súa estrea ao remate do período da residencia. Finalmente, Inés Rodríguez, beneficiaria da bolsa REGA 22 na modalidade de deseño, propón en Refugallos crear novos prototipos de tecidos sostibles a partir de residuos de sectores produtivos como a agricultura, a madeira ou o téxtil, empregando técnicas e procesos artesanais. Estes novos materiais poderían, á súa vez, ser usados neses mesmos sectores ou ben noutros como a arquitectura e a decoración. Con este traballo, esta deseñadora galega experimenta e afonda nun novo xeito de pensar a artesanía, con procesos respectuosos e un produto que contén valores non só polo seu deseño, senón tamén polo seu respecto ao medio ambiente e a súa contribución a unha economía innovadora e circular.O tribunal de valoración, que contou coa presenza de especialistas en cada unha das catro áreas da convocatoria ?artes visuais, escénicas, musicais e deseño? elixiu as propostas entre as 56 candidaturas que optaron ás residencias nesta edición. Cada unha das beneficiarias disporá dunha bolsa de 8.000 euros e un espazo na Cidade da Cultura para desenvolverse, así como de recursos e equipos técnicos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo