• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta amplía en preto de 300.000 ? o crédito das axudas aos concellos para erradicar as fugas de auga nas redes de abastecemento, mobilizando en total un investimento de 600.000 ?

A Xunta amplía en preto de 300.000 € o crédito das axudas aos concellos para erradicar as fugas de auga nas redes de abastecemento, mobilizando en total un investimento de 600.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 13:50

Trátase das primeiras axudas deste tipo convocadas pola Xunta e dirixidas aos concellos responsables dos sistemas de abastecemento, cunha poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes

A contía total consignada pola Xunta distribuirase entre os concellos solicitantes de acordo á poboación do municipio, reservándose o 55% do importe a concellos de ata 5.000 habitantes

O importe dos incentivos será do 80% do investimento subvencionable, establecéndose un límite máximo por solicitude que oscila entre os 10.000? e os 6.000?, segundo a poboación do municipio

As fugas nas redes municipais sitúanse de media no 41% e superan o 60% en municipios de poboacións inferior aos 2.000 habitantes

Esta iniciativa é parte da estratexia da Xunta para estar mellor preparados ante posibles episodios de seca, que ten como un dos principais instrumentos a Lei de garantía do abastecemento, en vigor desde xaneiro do 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, amplía en preto de 300.000 euros o crédito das axudas aos concellos para identificar e erradicar as fugas de auga nas redes municipais de abastecemento, mobilizando un orzamento total de case 600.000 euros. Trátase da ampliación das primeiras axudas impulsadas pola Xunta para a realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, cuxo prazo rematou o pasado luns día 8, e á que se presentaron 83 solicitudes, esgotando o crédito previsto, que roldaba os 300.000 euros. A Xunta habilita así o investimento necesario para que todas as entidades locais que solicitaron a axuda poidan aceder á mesma. As axudas están dirixidas aos concellos responsables de sistemas de abastecemento, unha materia de competencia local, que teñen unha poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes. Neste momento, estase a revisar a documentación presentada polas entidades locais e o cumprimento dos requisitos establecidos para a outorgación das axudas. Das 83 solicitudes presentadas a esta convocatoria para o presente ano 2022, 29 proceden de concellos de menos de 2.000 habitantes; 25 daqueles con poboación de ata 5.000; 17 de entidades locais de ata 10.000 habitantes; 7 de municipios de ata 20.000; e 5 concellos de ata 50.000 habitantes.A contía total consignada pola Xunta distribuirase entre os solicitantes de acordo á poboación do municipio, reservándose o 55% do importe a concellos de ata 5.000 habitantes, que son os que teñen maiores dificultades técnicas e financeiras para a correcta xestión dos seus sistemas de abastecemento.Máis en detalle, do orzamento total, o 30% resérvase aos municipios de menos de 2.000 habitantes, o 25% para os de ata 5.000, o 20% para os de ata 10.000 habitantes, o 15% para os de ata 20.000, e o 10% para os concellos de ata 50.000 habitantes. O importe dos incentivos será do 80% do investimento subvencionable, establecéndose un límite máximo por solicitude segundo a poboación do municipio. O dito límite oscila entre un máximo de 10.000 ?, para os municipios de máis de 20.000 habitantes e ata 50.000 habitantes; e os 6.000 ? para os que contan con ata 2.000 veciños. Para o resto dos concellos, fíxase o límite en 7.500 ? para os que contan cunha poboación de ata 5.000 habitantes; e 8.000 ? para os municipios de ata 10.000 habitantes.Con estas axudas a Xunta apoia aos concellos no labor de optimización do funcionamento dos seus sistemas de abastecemento, mediante un maior control dos caudais que circulan polas redes municipais, co fin de diagnosticar e atallar unha das problemáticas que pode agravar un eventual episodio de seca en Galicia: as fugas de auga nas redes de abastecemento. Cómpre lembrar que, de media, as fugas nas redes municipais acadan un 41% e chegan a superar o 60% en concellos cunha poboación inferior aos 2.000 habitantes. O obxectivo último que marca a lei é que os municipios sitúen as fugas das súas redes de abastecemento por debaixo do 20% e con estas axudas a Xunta busca contribuír á consecución deste obxectivo. Deste xeito, a Xunta coopera tamén cos concellos na realización dunhas auditorías nas redes de abastecemento municipais que permitirán optimizar o seu funcionamento, reducindo as perdas de auga, cos conseguintes beneficios económicos, ambientais e sociais. Os concellos poderán así, a partir destas auditorías, deseñar plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, evitando malgastar auga e enerxía e, en consecuencia, malgastar recursos públicos e esenciais.As auditorías municipais de abastecemento e os plans de actuacións para a minimización das perdas de auga son instrumento indispensable para diagnosticar e atallar as perdas do recurso hídrico nas redes, así como de grande axuda para que os responsables dos sistemas de abastecemento estean mellor preparados ante eventos climáticos extremos como os provocados por unha ausencia prolongada de precipitacións.Ademais, nun escenario de incremento constante do prezo da enerxía, a optimización dos recursos hídricos captados e potabilizados, reducindo as perdas de auga, resulta unha medida que pode contribuír dun xeito moi eficaz a reducir os custos nas explotacións dos abastecementos e redundar positivamente na cidadanía a través dunhas tarifas da auga más axustadas.Co fin de facilitar e homoxeneizar o traballo realizado polos responsables dos sistemas de abastecemento, Augas de Galicia redactou unhas recomendacións para a elaboración das auditorías de abastecemento e plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, establecendo uns contidos mínimos acordes aos da convocatoria de axudas.As auditorías municipais incluirán os sistemas de abastecemento en alta e de subministración en baixa para minimizar as perdas de augas e deberán incluír unha descrición detallada do sistema de abastecemento do concello. rcase na estratexia da Xunta para adaptar a xestin da auga e estar mellor preparados ante os episodios de seca e escaseza, que ten como un dos principais instrumentos a Lei de medidas de garanta do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario, en vigor desde xaneiro do 2020. Tamén o pasado 2 de xuño o Consello da Xunta aprobou o novo Plan de Seca da demarcación Galicia–Costa co fin de ordenar a resposta ante estes efectos e garantir o abastecemento de auga á poboación, proporcinando ás distintas administracións instrumentos xurídicos para facerlle fronte.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar