• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a mocidade do exterior solicite as bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a mocidade do exterior solicite as bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:52

Trátase do programa ‘Retorna Mocidade’, do que poderán beneficiarse 54 mozos que recibirán unha bolsa 6.500? de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22–23

Cursarán formación específica básica de Albanelería e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións no Universidade Laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol)

Diario Oficial de Galicia, a Xunta vén de ampliar ata o día 24 de outubro o prazo para que a Mocidade do exterior solicite acollerse ás bolsas do programa Retorna Mocidade, unha iniciativa que lles permite cursar en Galicia estudos de Formación Profesional de nivel básico, e para a cal a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total de 351.000? para o vindeiro curso académico 2022–23. Trátase dun total de 54 bolsas , dotadas con 6.500? cada unha delas, inclúen a viaxe desde o país de procedencia, o aloxamento e manutención na Comunidade galega e a subscrición dun seguro médico de ser o caso. Os beneficiarios recibirán un primeiro pagamento de 3.700? no primeiro trimestre do curso (co único requisito de estar matriculado) e un segundo pagamento de 2.800? no segundo trimestre da formación. Neste caso o alumno deberá ter aprobado o 70% dos módulos cursados no primeiro trimestre.As axudas van destinadas a cursar formación específica básica de Albañilería e fontanaría no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, na Coruña; e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións nos CIFP Universidade Laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol), a razón de 18 prazas en cada centro. A convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva– está dirixida á cidadanía galega residente no exterior que cumpra unha serie de requisitos como ser menor de 40 anos, posuír a nacionalidade española, acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Ademais, é necesario ser emigrante nado en Galicia ou ter residido en Galicia de xeito continuado durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra algunha destas condicións e ter nacido no estranxeiro. Esta convocatoria, incluída dentro da Estratexia Retorna posta en marcha polo Goberno galego, busca incentivar o retorno dos galegos do exterior, non só dos emigrados, senón tamén dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos nos centros de Formación Profesional da Comunidade así como o acceso ao mercado laboral. Enmárcase, ademais, no paquete de accións deste tipo desenvolvidas ata o momento como son as bolsas para cursar estudos de FP de grao Superior e as Bolsas de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME), estas últimas da Secretaría Xeral da Emigración. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar