• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M? as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:00

A intervención proxéctase nas vías citadas ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses e prevese inicialos na primeira quincena de setembro

Melloraranse as características superficiais do pavimento nos treitos máis deteriorados para aumentar a seguridade dos usuarios

As actuacións están encamiñadas á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoo ás súas necesidades funcionais e de durabilidade

Estas obras están incluídas no Plan de Reforzos de firme que está a desenvolver o departamento que dirixe Ethel Vázquez para conservar as estradas autonómicas

A Xunta adxudicou por máis de 1,3 millóns de euros as obras de reforzo do firme nas estradas AC–400, AC–406 e AC–546, ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira Os traballos, adxudicados á empresa Explotaciones Gallegas, S. L., teñen un prazo de execución de 6 meses e iniciaranse previsiblemente na primeira quincena de setembro. O contrato asinarase nas vindeiras semanas.Trátase do reforzo do firme encamiñado a restaurar ou mellorar as características superficiais do pavimento naqueles treitos que presenten maior grao de deterioro, para aumentar a seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por estas vías, moi frecuentadas, especialmente en temporada de verán. Estas obras, ademais, facilitarán a mobilidade aos habitantes dos municipios onde se realizarán as actuacións Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira. As actuacións que se van realizar están encamiñadas á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoo ás súas necesidades funcionais e de durabilidade. Estas obras están incluídas no Plan de Reforzos de firme que está a desenvolver o departamento que dirixe Ethel Vázquez para conservar as estradas autonómicas e investir na súa mellora coa fin de garantir a seguridade dos cidadáns e mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os galegos. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar