• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta adxudica por máis de 4,7 M? as obras de mellora da depuradora de Tragove, que suporán un beneficio para os veciños de Cambados e de Vilanova de Arousa

A Xunta adxudica por máis de 4,7 M€ as obras de mellora da depuradora de Tragove, que suporán un beneficio para os veciños de Cambados e de Vilanova de Arousa

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:50

As obras comezarán previsiblemente neste outono co fin de que en 2023 se poña á disposición de ambos os dous municipios unha depuradora mellorada e renovada

Duplicarase a capacidade de tratamento da planta, ampliando a decantación secundaria e incrementando os caudais de recirculación, ademais doutras melloras relacionadas coa obsolescencia de equipos

A Xunta complementará estas obras coa mellora do saneamento municipal de Cambados e de Vilanova de Arousa, cun investimento autonómico de 6,25 M?

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa avanzando no saneamento integral da ría de Arousa, esencial para a pesca, o marisqueo, o turismo, o medio ambiente ou a saúde pública

A Xunta adxudicou por máis de 4,7 millóns de euros a mellora da depuradora de Tragove, que beneficiará aos veciños de Cambados e de Vilanova de Arousa.As obras, que supoñen un investimento total de máis de 5,3 millóns de euros, foron adxudicadas á empresa Extraco, Construccións e Proxectos, S. A., e teñen un prazo de execución de 15 meses. A actuación enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e os dous municipios citados no mes de novembro para a xestión da depuradora, de titularidade destes municipios, en virtude do cal Augas de Galicia continúa a asumir a xestión desta infraestrutura.Os traballos iniciaranse previsiblemente este outono, polo que o obxectivo é que en 2023 os veciños de Cambados e de Vilanova dispoñan dunha depuradora mellorada e renovada. A intervención permitirá case duplicar a capacidade de tratamento da planta. Entre outras melloras prevese adecuar o tratamento secundario e terciario. Unha vez executados os traballos, o caudal de tratamento secundario e terciario, pasará de 750 m³/h actuais a 1.200 m³/h. Ampliarase a capacidade de decantación secundaria e incrementaranse os caudais de recirculación, purga e deshidratación de fangos, ademais doutras melloras relacionadas coa obsolescencia de equipos, sistemas e instalacións da actual planta, construída no ano 1993 e que, a pesar das diversas melloras realizadas, precisa dunha actualización.Procederase ao desmantelamento de equipos obsoletos e demolicións, ademais de nova obra de entrada e canles de tamizado, actuacións no desareador e clasificador de areas, outras reparacións e saneamentos, e a mellora dos reactores biolóxicos. Tamén se executará un novo edificio de entrada, arquetas e novos decantadores, bombeos de fangos e novos edificios de deshidratación, de control e almacén e de soplantes.Asimesmo, dotarase a depuradora dun sistema de monitorización enerxética, importante tendo en conta a suba da tarifa eléctrica e que este tipo de infraestruturas son claramente dependentes da enerxía. Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo 2014–2020.A Xunta complementará estas obras coa mellora do saneamento municipal de Cambados e de Vilanova de Arousa, recollida nun segundo acordo asinado tamén en novembro.O Goberno galego investirá un total de 6,25 M? máis en dúas actuacións de mellora do saneamento, que permitirán laminar o caudal que entra na depuradora e resolver as deficiencias no sistema mancomunado de saneamento que comparten estes dous municipios e que ten destino final a depuradora de Tragove.O departamento que dirixe Ethel Vázquez vén apoiando aos concellos nas súas competencias e para avanzar no saneamento integral da ría de Arousa, esencial para a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo, ademais de para o medio ambiente e a saúde pública.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar