• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta acondicionará a parada de autobús da estrada PO-308 en Laño, no concello de Poio

A Xunta acondicionará a parada de autobús da estrada PO-308 en Laño, no concello de Poio

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:15

Nas vindeiras semanas comezarán os traballos, adxudicados por máis de 32.000 ?


Procederase ao traslado da marquesiña situada no punto quilométrico 9+460 para situala na cuña de deceleración existente na contorna do punto 9+400 e daráselle continuidade ao itinerario peonil que existe coa construción dun novo tramo de senda


A presenza da parada será advertida con pavimento podotáctil e disporase dun novo paso de peóns no punto 9+340, que permitirá comunicar as sendas das dúas marxes da PO–308 con seguridade


O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2022 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou as obras de acondicionamento da parada de autobús situada na estrada autonómica PO–308, en Laño, no concello de Poio.Os traballos foron adxudicados á empresa Obras, proyectos y actividades S.L. por importe de más de 32.000 euros e comezarán nas vindeiras semanas. As actuacións deseñadas pola Xunta prevén o acondicionamento da zona de instalación da nova ubicación desta parada de autobús da estrada PO–308, que se situará no ámbito da cuña de deceleración existente na contorna do punto quilométrico 9+400 da vía autonómica. Para isto, procederase ao traslado da marquesiña actual desde o punto quilométrico 9+460 ao 9+340, dando continuidade ao itinerario peonil na marxe dereita da estrada autonómica, mediante a construción dun novo tramo de senda.O novo treito de senda na PO–308 contará cun ancho mínimo de 1,8 metros e pavimento de formigón cor terriza, e estará elevada 10 centímetros con respecto á calzada. Nesta intervención na PO–308 prevese, ademais, a colocación nos vaos peonís de pavimento táctil de botóns e direccional. A presenza da parada de bus será advertida con pavimento podotáctil.Tamén se disporá un novo paso de peóns no punto 9+340 da PO–308 que permita comunicar os itinerarios peonís das dúas marxes da estrada con seguridade.Ademais dos traballos anteriores, as obras incluirán a disposición dunha nova sinalización horizontal e a execución, baixo a senda, dunha gabia para a instalación de canalizacións de telecomunicacións. A drenaxe neste itinerario resolverase cunha canalización subterránea, que dará continuidade á rede existente, así como os correspondentes pozos e sumidoiros.a traballando na mellora da rede viaria auton Normal 0 false false false ES


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE