• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta abrirá a nova estación de autobuses o 1 de agosto se o Concello finaliza os accesos no prazo establecido na comisión de seguimento

A Xunta abrirá a nova estación de autobuses o 1 de agosto se o Concello finaliza os accesos no prazo establecido na comisión de seguimento

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:10

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou da data de apertura da Intermodal á espera de que o Goberno municipal acabe o nodo de entrada e saída á AP–9

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiu hoxe unha carta ao Concello coa proposta para por en marcha a Estación de Autobuses en agosto

“Pedimos que envíen antes do 4 de xullo a confirmación oficial de que nesa data estará en servizo o acceso e a autorización do Ministerio”, sinalou Fernández–Tapias

O director de Mobilidade, Ignacio Maestro, adiantou que a Xunta está en disposición de iniciar o traslado da vella estación da Avenida de Madrid

Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, relatou os traballos levados a cabo pola Administración autonómica na nova infraestrutura cun investimento de 18 millóns

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, informou este luns da data prevista pola Xunta para a posta en marcha da Estación de Autobuses Intermodal de Urzaiz o vindeiro 1 de agosto se o Concello cumpre os prazos establecidos. Nunha carta remitida hoxe mesmo ao Goberno local, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade solicitou ao Concello a confirmación de que nesa data estarán en servizo os accesos necesarios, tal e como comunicou na Comisión de Seguimento do 2 de xuño, e dispón polo tanto da autorización pertinente do Ministerio de Transportes. Nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o director da AXI (Axencia Galega de Infraestruturas), Francisco Menéndez, a representante autonómica sinalou que con esa confirmación do Goberno local a Xunta activará o procedemento para o traslado da estación da Avenida de Madrid, que inclúe un complexo proceso de información a concesionarios e usuarios cunha antelación suficiente.“Por que motivo non ía querer a Xunta poñer en servizo unha estación de autobuses finalizada logo dun investimento de 18 millóns de euros? O que necesitamos é que nos trasladen oficialmente, antes do 4 de xullo e con papeis, a data concreta en que poderán entrar e saír os autobuses desde os novos accesos á estación, así como a autorización imprescindible do Ministerio de Transportes para facelo”, sinalou Fernández–Tapias.Segundo destacou durante a súa intervención, a Estación Intermodal está terminada e recepcionada desde o 10 de xuño e forma parte de todo o gran proxecto que a Xunta fixo posible, incluído o Centro Vialia, aprobando unha Lei para evitar que Vigo queda bloqueada ao anularse o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Pola súa banda, Francisco Menéndez amosou o proceso de construción da nova infraestrutura, así como dos tramos dos túneles que lle correspondeu á Xunta na zona subterránea baixo a estación. O director da Axencia Galega de Infraestruturas tamén explicou en detalle os motivos polos que os autobuses non poden acceder a estación se non están rematados tanto os túneles como as entradas en superficie.Ademais, Ignacio Maestro explicou a Xunta ten unha experiencia recente na posta en servizo de novas estacións de autobuses, posto que o ano pasado trasladou as estacións de Ourense e de Santiago, onde eses procesos realizáronse sen problemas e sen conflitos. “Os usuarios da estación de autobuses de Vigo poden estar tranquilos porque van dispoñer de toda a información sobre o cambio e a van a ter coa anticipación suficiente, ao igual, loxicamente, que o Concello", apuntou. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE