COPE

Xunta de Galicia

A Xunta abre dúas novas liñas de axudas para editoriais e creadores literarios por máis de 200.000 euros

A Xunta abre dúas novas liñas de axudas para editoriais e creadores literarios por máis de 200.000 euros

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:15

Facilítase que as obras que publican as editoras galegas cheguen aos lectores, xa que sufragan os gastos de edición, distribución e comercialización

A outra convocatoria favorece que os escritores, ilustradores e tradutores promovan as letras galegas en feiras, seminarios, encontros, estadías ou obradoiros

Enmárcanse no apoio do Goberno autonómico ao sector do libro e editoriais que ascende a 1,6M? con medidas como o apoio ás feiras do libro, actividades de dinamización da lectura ou á adquisición de novidades editoriais, entre outras

A Xunta de Galicia vén de abrir dúas novas convocatorias de axudas para facilitar o traballo de editoriais e profesionais da escritura, ilustración e tradución por un importe global superior ás 200.000 euros. Por un lado, ábrese a liña de axudas dirixida ao sector editorial galego co obxectivo de impulsar a distribución das obras editadas e, deste xeito, facilitar que cheguen ao público lector. En concreto, como se pode consultar no Diario oficial de Galicia , as axudas van dirixidas á edición, distribución e comercialización das súas publicacións. Entre os gastos subvencionables están os derivados de actividades como a tradución e corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión, impresión e dixitalización, accións de comercialización como campañas de márketing e publicidade en diferentes medios e canles ou gastos de distribución. A orde tamén especifica os criterios de reparto das contías en función dunha serie de porcentaxes segundo o investimento presentado para cada publicación. En todo caso, cada editorial poderá solicitar axudas para un máximo de 20 libros e o importe máximo adxudicado a cada unha delas non superará os 30.000 euros. O prazo para solicitar as axudas remata o 1 de agosto. Diario Oficial de Galicia tamén informa da apertura da convocatoria das axudas a escritores, ilustradores e tradutores para que poidan participar nas distintas actividades que se realicen no sector do libro como feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas que se celebren ao longo deste ano co fin de favorecer a promoción do libro galego.Para estas axudas, a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades destina un importe de 30.000 euros para o financiamento dos gastos da viaxe referidos a aloxamento e transporte. O prazo de presentación estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro e os interesados deberán enviar o formulario, preferiblemente por vía electrónica, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Só poderán solicitar axudas para asistir a unha única feira o festival internacional. Ademais das axudas á distribución e ás feiras a Xunta mantén tamén outras convocatorias para o sector do libro como as dirixidas ás librarías para o apoio á difusión da lectura, ou o apoio ás Feiras do Libro de Galicia con 13 paradas en distintas cidades e vilas ata o mes de agosto, o impulso á dinamización da lectura nas bibliotecas municipais, tradución de obras, adquisición de novidades editoriais e subvencións ás empresas editoriais que acadan en conxunto os 1,6 M?. Ademais, este ano retomouse a a promoción exterior das letras galegas a través da participación en festivais e feiras internacionais ou iniciativas como as residencias literarias de intercambio profesional, entre outras. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar