• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A xira do espectáculo 'Rompente. Algo que levar á boca', de Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manolo Romón chega a Madrid co apoio da Xunta

A xira do espectáculo Rompente. Algo que levar á boca, de Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manolo Romón chega a Madrid co apoio da Xunta

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 23:55

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste ao concerto desta proposta que o ano pasado percorreu oito concellos galegos no marco da programación cultural

O espectáculo Rompente. Algo que levar á boca chega hoxe ao Círculo de Belas Artes de Madrid, despois de que o pasado ano percorrese oito localidades galegas. Trátase dunha iniciativa de Rompente. Grupo de comunicación poética, integrado por Alberto Avendaño, Antón Reixa e Manuel M. Romón, que conta co apoio da Xunta no marco do Xacobeo 21–22.No concerto, ao que asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, Reixa, e Romón xúntanse 40 anos despois cunha proposta na que se mestura poesía con proxeccións audiovisuais para ofrecer un recital de máis dunha hora con accións escénicas, xestuais e construíndo unha polifonía de voces. O espectáculo estreouse en outubro en Pontevedra e incluíu a meirande parte dos textos do seu último libro Que hostia din os rumorosos?, un volume de poesía ilustrado por Menchu Lamas, Antón Patiño e Rubén Romero, con poemas inéditos, na súa maioría, e estruturado en catro partes. Tamén puido verse na Guarda, Lugo, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Vigo, A Estrada e Ferrol. 800x600 Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE MicrosoftInternetExplorer4


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar