• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O veto á pesca de fondo tería un impacto de ata 816 M? na economía galega e podería afectar a arredor de 4.400 tripulantes

O veto á pesca de fondo tería un impacto de ata 816 M€ na economía galega e podería afectar a arredor de 4.400 tripulantes

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 15:14

A Xunta advirte de que a incidencia na frota provocaría o colapso de moitas outras actividades marítimo–pesqueiras e da cadea mar–industria, ben pola caída loxística, o arrastre comercial ou a perda de demanda de bens

A conselleira do Mar lembra que Bruxelas non realizou ningunha análise social e económica antes de aprobar esta medida, que repercute directamente na actividade de máis de 200 barcos de capital galego e de xeito indirecto en 900

Rosa Quintana subliña que nas zonas vedadas se faenou durante décadas sen causar danos aos hábitats, polo que non se sustenta a urxencia dunha medida tan drástica sen unha consulta previa seria ao sector e aos países afectados

O Executivo galego reitera a necesidade de que España interpoña de xeito urxente un recurso xudicial contra este regulamento para solicitar a suspensión temporal antes de que entre en vigor o próximo 9 de outubro

A titular de Mar recorda que a Comisión Europea non aportou os ditames nos que sustenta o veto malia que lle foron solicitados por Galicia en distintas ocasións e salienta que as comunidades do Cantábrico e Andalucía farán unha fronte común na defensa dos intereses do sector

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, expuxo hoxe no Parlamento de Galicia que o veto á pesca de fondo aprobado por Bruxelas en preto dun cento de áreas de augas comunitarias tería un impacto de ata 816 millóns de euros na economía galega. A titular de Mar salientou que esta estimación, realizada en base ás Táboas Input–Output da Pesca–Conserva Galegas 2019, mostra que esa prohibición da actividade pesqueira provocaría o colapso de moitas outras actividades marítimo–pesqueiras e da cadea mar–industria, ben pola caída loxística, o arrastre comercial ou a perda de demanda de bens. A representante do Executivo galego lamentou que a Comisión Europea non realizase ningunha análise social e económica antes de adoptar esta medida, algo que sinalou como crucial dado que pode chegar a afectar a máis de 4.400 tripulantes, arredor do 40% do total na comunidade. Ese veto, incidiu, repercute directamente na actividade de máis de 200 barcos de capital galego, e pode afectar a outros 900 de xeito indirecto, co seu consecuente impacto nas vendas en lonxa, nos salarios das tripulacións e na prestación de bens e servizos, entre outros aspectosRosa Quintana subliñou que con este veto o Executivo comunitario obvia que nas áreas acoutadas se viña pescando desde hai décadas, e mesmo séculos, sen que esa actividade afectase aos hábitats. Por este motivo, indicou que non tiña tanta urxencia adoptar unha medida deste calado e tan prexudicial para a frota, sen facer unha consulta previa seria ao sector e aos países afectadosNesta liña, puxo de relevo que os propios pescadores son conscientes das zonas en que hai hábitats sensibles e que evitan faenar nelas. Ao mesmo tempo, lembrou que este tipo de vetos poden ter efectos perniciosos provocando desequilibrios na cadea trófica deses ecosistemas mariños. A conselleira do Mar defendeu a necesidade de que España –actor privilexiado como país membro– interpoña un recurso xudicial contra este regulamento para evitar a súa aplicación, algo que a Xunta xa lle pediu ao Goberno central e que se fai máis urxente unha vez que a Comisión Europea rexeitou a paralización da súa entrada en vigor. A titular de Mar salientou que o Executivo galego apoiará calquera actuación que se adopte neste sentido, tanto do Estado como do sector, aportando datos e argumentos técnicos e xurídicos que contribúan a lograr a suspensión temporal desta medida. En caso de que o Estado non presente recurso, aclarou, farao a Xunta malia que tería menos posibilidades de prosperar. Rosa Quintana lembrou que esta prohibición –que se publicou no Diario Oficial da Unión Europea o pasado 19 de setembro e entrará en vigor o 9 de outubro– ten o seu xerme na Estratexia de Biodiversidade aprobada pola Comisión Europea en 2020. Desde entón Galicia presentou argumentos, mantivo distintas reunións e presentou informes ante a súa preocupación polo impacto que esta medida podía ter no sector. Pola contra, lembrou, Bruxelas non aportou os ditames nos que se sustenta o veto malia que lle foron solicitados pola Xunta en distintas ocasións. A representante do Executivo galego puxo de relevo que esta medida foi aprobada sen un acordo unánime nin maioritario da Unión Europea e que o Executivo comunitario decidiu seguir adiante cun resultado de “non decisión”. Este xeito de actuar, dixo, escapa do que é habitual no seo da Comisión e reiterou a necesidade de que esta prohibición se volva tramitar desde cero, posto que é nociva e está mal sustentada.A conselleira sinalou que Bruxelas debería aprobar unha moratoria na entrada en vigor deste veto, o que abriría a porta a revisalo cunha achega rigorosa de datos e á adecuación do alcance do mesmo. De feito, dado que en novembro se vai revisar esta medida, a comunidade pide un período de gracia de dous meses pois “retrasala dous meses non provocaría danos irreversibles nos hábitats, pero si pode provocalos na frota”.Mentres o Executivo comunitario non rectifique, engadiu, Galicia vai seguir traballando e buscando alianzas con outras comunidades e rexións pesqueiras co obxectivo de crear unha fronte común contra esta medida. Nesta liña, anunciou, este venres reuniranse en Santander representantes dos Gobernos autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Andalucía co fin de mostrar a súa unidade contra esta prohibición e traballar da man na defensa do sector. Ao mesmo tempo, a comunidade vai iniciar contactos con outras rexións pesqueiras europeas afectadas e con representantes do Parlamento Europeo para tentar frear este despropósito, posto en marcha con datos parciais e sen actualizar. En paralelo, a Xunta solicitará unha xuntanza co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, e a directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca, Charlina Vitcheva, para expoñer as consideracións de Galicia sobre este asunto. Rosa Quintana concluíu destacando que Bruxelas ten que ter claro que o sector pesqueiro galego non está en contra de que existan zonas protexidas, que xa existen, pero pide que se establezan a través do diálogo e de xeito sustentado e xustificado na ciencia, de forma equilibrada e proporcionada.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar