• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Unión Europea selecciona Galicia para formar parte da misión de adaptación ao cambio climático

A Unión Europea selecciona Galicia para formar parte da misión de adaptación ao cambio climático

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:31

? Ángeles Vázquez salienta que a Comunidade terá a oportunidade de situarse á vangarda na mitigación deste fenómeno compartindo experiencias e aproveitando sinerxías con outras rexións

? Lembra que está en fase de elaboración a Lei galega do clima, unha norma que fixará que todas as políticas, estratexias, plans de acción e regulacións que se impulsen desde a Xunta deberán ponderar os seus efectos sobre esta cuestión

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022.– A Unión Europea selecciona Galicia para formar parte da Misión de Adaptación ao Cambio Climático, unha iniciativa cuxo obxectivo é apoiar ás comunidades para acelerar a súa transformación cara á resiliencia climática, prestándolles axuda para comprender, prepararse e xestionar mellor os riscos introducidos por este fenómeno.A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou que con esta adhesión, Galicia terá a oportunidade de situarse á vangarda na mitigación do cambio climático compartindo experiencias e aproveitando sinerxías xunto con outras rexións. Ademais, a Comunidade ratifica o seu compromiso de apostar pola neutralidade climática e impulsar os esforzos de adaptación a través da participación dos cidadáns no proceso de toma de decisións e mediante o estímulo de investimentos públicos e privados.Nesa liña, segundo lembrou Ángeles Vázquez, o Goberno galego mantén unha firme aposta por unha Galicia neutra, verde e resiliente, tal e como constata o feito de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda conte cun departamento específico para abordar todas as cuestións relativas a esta materia.Así, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático impulsou en 2019 a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 (EGCCE), no marco da que xa se desenvolveron actuacións que abarcan as diferentes áreas de traballo da Misión de Adaptación ao Cambio Climático. A maiores, consciente tanto da importancia da investigación como base de coñecemento para a toma de decisións como do carácter transversal desta cuestión, a Xunta creou a Comisión Interdepartamental para o Impulso e Coordinación da EGCCE 2050 para garantir a implicación dos diferentes departamentos.Para concluír, a conselleira salientou que actualmente está en fase de elaboración a Lei galega do clima, unha norma, prevista para o vindeiro ano, que fixará que todas as políticas, estratexias, plans de acción e regulacións que se impulsen desde o Goberno galego deberán ponderar os seus efectos sobre este fenómeno mundial.as medidas e accións que se deseñen e desenvolvan en Galicia defenderán os principios de precaución e de responsabilidade medioambiental, de xeito que se prioricen as posturas de protección; o de sostibilidade, para construír unha sociedade máis evolucionada, xusta, responsable e resiliente; e os de dilixencia medioambiental e non causar prexuízo significativo, de xeito que todas as respostas ao cambio climático beneficien á totalidade da poboación.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Reproducir
Directo Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Escuchar