• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Unha nova achega da Xunta no Colexio do Cardeal eleva o investimento en rehabilitación a case 800.000 ?

Unha nova achega da Xunta no Colexio do Cardeal eleva o investimento en rehabilitación a case 800.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:50

O Goberno galego destinará máis de 110.000? á restauración do retablo da capela das Reliquias, que se adxudicará a finais de ano cun prazo de execución de nove meses

A actuación centrarase en reintegrar a policromía, rehabilitar os elementos artísticos e controlar os niveis de temperatura e humidade

A cita de hoxe serviu para presentar os resultados dos últimos traballos e contou cun concerto de Rosa Cedrón e Emilio Rúa

A Xunta de Galicia fará unha nova achega no Colexio de Cardeal de Monforte para restaurar o retablo da capela das Reliquias, elevando o investimento en rehabilitación a case 800.000? nos últimos cinco anos. Así se anunciou hoxe durante un acto ao que asistiron o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e no que se presentaron as obras realizadas na igrexa, claustro e zonas de visita pública deste ben.O acto de celebración, aberto a toda a cidadanía, contou co concerto de Rosa Cedrón e Emilio Rúa e serviu para inaugurar estes espazos nos que se resolveron as afeccións sufridas a raíz do terremoto de Lisboa de 1755, como as gretas que, aínda que non comprometían á estabilidade das bóvedas, era preciso corrixir. En concreto, solucionáronse as patoloxías da bóveda, cuberta e muro do presbiterio. Ademais, actuouse nas carpinterías para evitar a entrada de auga e nos elementos mobles da igrexa con tratamentos de desinsectación. Esta obra súmase á que se está levando a cabo actualmente en diversos bens artísticos e retablos ou á que se adxudicará a finais de ano e cuxo obxectivo é actuar no retablo da capela das Reliquias para reintegrar a policromía do conxunto, fixar a película pictórica, limpar e rehabilitar os elementos artísticos presentes no retablo. O proxecto, que conta cun prazo de execución de nove meses, complétase coa actuación no teito policromado e o control dos niveis de temperatura e humidade. Así, en total o investimento feito nos últimos cinco anos pola Xunta de Galicia neste ben é de case 800.000? para, segundo explicaron os representantes autonómicos, poñer en marcha unha ambiciosa folla de ruta que garanta a mellor conservación do inmoble e visibilice un dos monumentos máis senlleiros de Galicia e un dos conxuntos históricos con maior valor da Ribeira Sacra. Para iso, ademais das actuacións, a Xunta de Galicia tamén impulsou a declaración do inmoble como Ben de Interese Cultural en 2021.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo