• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Un total de 160 investigadores realizarán estadías e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal grazas ao programa 'Iacobus'

Un total de 160 investigadores realizarán estadías e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal grazas ao programa ‘Iacobus’

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 12:20

Das máis de 300 candidaturas presentadas, seleccionáronse 102 para modalidade de estadías de investigación e 50 para a de publicacións

A iniciativa promovida pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal impulsa o peso do labor investigador da área transfronteiriza en Europa

O investimento no programa ascende a 200.000 euros, dos que 148.600 se destinan ás estadías e 51.400 ás publicacións, co obxectivo de fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e de divulgación científica

Normal 0 21 false false false ES X–NONE SI–LK Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2023 Un total de 160 investigadores realizarán estadías de investigación e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal grazas ao programa IACOBUS, promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Das máis de 300 candidaturas presentadas seleccionáronse 102 para a modalidade de estadías, de 242 propostas, e 58 para publicacións, de 70 recibidas. A iniciativa vai dirixida a persoal investigador pre e posdoutoral, docente (PDI), e de administración e servizos (PAS) das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión co obxectivo de fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e de divulgación científica.O investimento no programa ascende a 200.000 euros, dos que 148.600 se destinan ás estadías e 51.400 ás publicacións. O incremento das candidaturas rexistrado nesta edición do programa IACOBUS pon de manifesto a súa consolidación e impulsa o peso en Europa do labor investigador desenvolvido na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Para o director da AECT da Eurorrexión, Nuno Almeida, a área transfronteiriza “está na primeira liña das publicacións científicas en Europa”. Así, de entre os 58 artigos seleccionados, 40 apareceron nas revistas máis relevantes na súa categoría de coñecemento. A modalidade IACOBUS–Papers apoia a publicación de artigos científicos e de investigación nalgunha das revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) ou no SCOPUS. Trátase de dous indicadores de calidade máis coñecidos e máis empregados polos organismos de avaliación da actividade investigadora a escala internacional. Estes artigos teñen que ser desenvolvidos a través da colaboración transfronteiriza conxunta, por autores pertencentes ás institucións de ensino superior da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal –universidades e institutos politécnicos–, que forman parte do programa. Pola súa banda, a modalidade IACOBUS Estancias beneficia proxectos presentados por persoal docente e investigador (PDI); investigadores pre ou post–doctorais con vínculo de investigación e Persoal Administrativo e de Servicios (PAS) das universidades, centros de ensino superior e fundacións biomédicas da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, así como por investigadores ou xestores de proxectos de I+D+i de centros tecnolóxicos. O programa de cooperación científica, cultural e pedagóxica IACOBUS ten como obxectivo a promoción das sinerxías e o desenvolvemento de actividades de investigación, formativas e de divulgación entre universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos e fundacións biomédicas da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Con proxectos de investigación en todas as áreas de coñecemento, ao longo da súa historia suma máis de 2.300 candidaturas e un orzamento de case 1,6 M?. A iniciativa enmárcase nas prioridades do Plan de Investimentos Conxuntos Galicia–Norte de Portugal (PIC 21–27) e nas áreas estratéxicas establecidas pola Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia–Norte de Portugal (RIS3–T). Ademais, conta con apoio e financiamento da Unión Europea a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España–Portugal (POCTEP).


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2