• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Da Summer 2022 reúne en Vigo a 5 dos mellores bailaríns europeos de hip-hop baixo o patrocinio da Xunta de Galicia

O Da Summer 2022 reúne en Vigo a 5 dos mellores bailaríns europeos de hip-hop baixo o patrocinio da Xunta de Galicia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:20

O secretario xeral para o Deporte visitou o campamento de danza urbana nunha nova mostra do pulo que a Xunta de Galicia leva realizando aos deportes urbanos nos últimos anos

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este venres o campamento de danza urbana DA Summer que está a ter lugar en Vigo. As xornadas de formación están organizadas pola escola de danza viguesa Dance Academy Vigo e contan cun elenco de profesores do máximo nivel provenientes de todo o continente.A Xunta de Galicia é un dos patrocinadores principais destas xornadas nun esforzo, como vén amosando coa creación da Liga Xunta de Galicia de Break, por profesionalizar a disciplina da danza urbana na nosa comunidade, que cada día ten máis seguidores e conta xa con bailaríns de nivel internacional. A devandita Liga xa transita pola súa segunda edición tras o rotundo éxito acadado en 2021 e ademais cómpre destacar o traballo da Secretaría Xeral para o Deporte co tecido do baile deportivo de cara a crear a Federación Galega de Baile Deportivo.No pasado mes de xuño, Lete Lasa visitou as instalacións da escola Dance Academy co motivo do seu triunfo no Campionato de Europa de danza urbana no que colleitou un total de 36 trofeos. O mandatario galego aproveitou o campamento de danza urbana para volver felicitar a todo o equipo da escola de danza, tanto bailaríns como adestradores, e asegurou que o seu éxito e traballo é “unha mostra máis de todo o traballo que se está a facer en Galicia polo baile deportivo, neste caso danza urbana, disciplina que será olímpica en París 2024”.O campamento consta dun total de 20 horas de formación, divididas en 6 xornadas diferentes (do 15 ao 20 de agosto), no que os asistentes poderán aprender da man de reputados bailaríns internacionais diferentes estilos de danza urbana ademais de desfrutar de moitas outras actividades e excursións complementarias. O último día do camp, organizarase unha batalla de baile aberta á participación de todo o mundo en distintas categorías (1vs1 Hip–Hop, 1vs1 Funk Styles y Crew vs Crew). 3 dos profesores do campamento actuarán como xurado e contarán coa asistencia de outros 3 bailaríns de gran nivel nacional.Entre o Line Up de profesores convidados a esta xornada, atópanse o inglés Kieran Warner (que impartirá 4h de Litefeet, un estilo de Hip–Hop non moi coñecido en España), o francés Silver Vice (encargado de ensinar un estilo africano chamado “Afro”), o belga Alex The Cage (nº1 do mundo de Hip–Hop e gañador da maioría de eventos e batallas neste estilo), o outro inglés Frankie J (un dos maiores representantes da cultura House) e Nuria Beltrán (a única española e gran bailarina do estilo Popping). O obxectivo destas xornadas do DA Summer 2022 é ofrecer aos bailaríns do país unha formación que lles permita mellorar o seu nivel de danza da man de profesionais da do sector difíciles de ver polo noso país, á vez que facer que desfruten coas clases e actividades que o programa ofrece a todos os asistentes.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar