COPE

Xunta de Galicia

A Semana do Goberno Aberto achega o funcionamento da Xunta aos cidadáns

A Semana do Goberno Aberto achega o funcionamento da Xunta aos cidadáns

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:50

A Consellería de Facenda e Administración Pública organizou diferentes actividades de participación social para divulgar a actividade e obxectivos da Xunta

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 02 de xullo de 2022 A Semana do Goberno Aberto achegou durante uns días o funcionamento da Administración pública a todos os cidadáns para o que a Xunta de Galicia organizou diferentes actividades de divulgación das súas actividades e obxectivos, así como dos seus principios e valores.A Consellería de Facenda e Administración Pública foi a encargada de organizar diferentes xornadas de participación social para divulgar a actividade e os obxectivos da Administración entre distintos colectivos, desde os máis novos ata os máis maiores, sen esquecer ás persoas con discapacidade ou aos propios empregados públicos. A Semana do Goberno Aberto promove, entre outros, os principios de transparencia, rendición de contas e participación, en apoio da democracia e do crecemento inclusivo. Constitúe unha oportunidade única para que os cidadáns coñezan mellor o funcionamento das Administracións e os valores que rexen o Goberno Aberto, así como as ferramentas de participación cidadá na elaboración, planificación e execución das políticas públicas. Neste marco organizouse unha xornada de portas abertas nos Edificios Administrativos de San Caetano para rapaces e rapazas de 10 e 11 anos e persoas maiores, na que visitaron distintas dependencias do complexo e aprenderon sobre os procedementos que se desenvolven a diario. Centrado nos máis novos, difundiuse un vídeo sobre o traballo das institucións para fomentar a transparencia e a participación.Tamén se celebrou unha presentación sobre boas prácticas dirixida a distintas asociacións da discapacidade, na que se deron a coñecer os principais aspectos do goberno inclusivo. As actividades completáronse cun webinario sobre acceso á información pública dirixido aos empregados públicos.Esta iniciativa enmárcase na semana organizada pola Alianza do Goberno Aberto, da que España forma parte desde 2011, para dar máis participación aos cidadáns, utilizar as novas tecnoloxías para fortalecer a gobernanza e facilitar o acceso á xustiza, e construír institucións eficaces, inclusivas e transparentes.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche

La Noche

Con Beatriz Pérez Otín

Escuchar