• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Sanidade comeza unha campaña de comunicación -mediante envío de SMS- para informar á poboación susceptible de vacinarse fronte ao herpes zóster e o pneumococo

Sanidade comeza unha campaña de comunicación -mediante envío de SMS- para informar á poboación susceptible de vacinarse fronte ao herpes zóster e o pneumococo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:55

O obxectivo desta medida é favorecer que as persoas ás que lles correspondan estas indicacións de vacinación teñan acceso a toda a información dispoñible sobre as mesmas

A Dirección Xeral de Saúde Pública incorpora a partir do 12 de xuño novas pautas de vacinación contra o pneumococo para as persoas aos 65 anos, tras a aprobación da nova vacina conxugada 20 valente (VNC20)

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2023A Dirección Xeral de Saúde Pública inicia unha nova campaña de comunicación –mediante o envío de SMS–, para informar á poboación susceptible de vacinarse fronte ao Herpes Zóster e o Pneumococo, da posibilidade de solicitar cita para a administración destas vacinas, así como de toda a información dispoñible sobre as súas indicacións. Neste senso, desde o vindeiro luns 12 de xuño, os centros de saúde comezarán coa administración da nova vacina antipneumocócica conxugada 20 valente (VNC20) Apexxnar®, de xeito sistemático nas persoas de 65 anos, ademais de vacinación nas persoas con condicións de risco (de 18 e máis anos). Ademais, as persoas que así o soliciten tamén poderán recibir a vacina fronte ao herpes zóster (Shingrix®) como vacinación sistemática, entre a poboación xeral que cumpra no 2023, 65 anos e 80 anos (nados en 1958 e 1943).Para favorecer que as persoas ás que lles correspondan estas indicacións as coñezan, e ademais facilitar o acceso a información dispoñible sobre estas infeccións, a poboación diana recibirá unha comunicación –vía SMS–, por parte da Consellería de Sanidade. Así mesmo, tamén poderán solicitar a súa cita polas canles habituais no seu centro sanitario e recibir a/as vacina/s que lle correspondan. O pasado 15 de setembro de 2022, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade presentou o “Calendario de vacinación ao longo de toda a vida”, do que forman parte estas dúas vacinas, destinadas á inmunización e protección dos adultos fronte a dúas enfermidades inmunoprevibles habituais no noso medio. A vacinación fronte a enfermidade pneumocócica ten unha longa traxectoria na nosa comunidade autónoma, iniciándose no ano 2000 para todas as persoas de 65 anos, e tamén para as pertencentes a grupos de risco. Así, sufriu diferentes cambios a medida que se foron modificando as indicacións da vacina, ata que no ano 2017, se estendeu á indicación para todas as persoas ao cumprir 65 anos.Malia que xa formaba parte do calendario galego como vacina trecevalente, a principal novidade fronte á enfermidade pneumocócica na nosa comunidade é a súa substitución pola VNC20 (Apexxnar®). Unha nova vacina que contén 20 polisacáridos capsulares pneumocócicos conxugados, tendo algúns destes novos serotipos especial relevancia epidemiolóxica na enfermidade pneumocócica do adulto. A medida tenta ampliar e mellorar a protección fronte a enfermidade pneumocócica, sobre todo fronte as súas formas máis graves: pneumonía, meninxite ou sepse que xeran máis patoloxía, ingresos hospitalarios e incluso poden ser mortais, contribuíndo ademáis a reducir o uso de antibióticos e as súas resistencias. Pola súa banda, no caso da vacina fronte ao herpes zóster, trátase dunha nova vacina que entra a formar parte do calendario galego e que vai destinada a dous grupos de persoas: as que cumpren neste ano 65 anos (nadas en 1958) e 80 anos (nadas en 1943). O herpes zoster (HZ) é unha enfermidade de baixa mortalidade, pero frecuente e con maior incidencia nas persoas de máis idade e que aumenta de maneira considerable coa presenza de inmunodepresión. As súas complicacións, sobre todo a neuralxia postherpética, poden ocasionar discapacidade e diminución da calidade de vida, constituíndo un importante problema de saúde pública.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar