• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda resalta que Galicia é referencia en España na prestación de servizos que garanten a atención aos maiores no rural

Rueda resalta que Galicia é referencia en España na prestación de servizos que garanten a atención aos maiores no rural

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:20

Subliña que a comunidade é líder nacional no Servizo de Axuda no Fogar e conta con programas como Coidados Porta a Porta ou a rede de Casas do Maior

Destaca que as novas instalacións do centro de Oza–Cesuras, financiadas no 75% pola Xunta, servirán para “manter as persoas maiores ben atendidas nun lugar no que elas queren vivir”

Normal 0 21 false false false ES Oza–Cesuras, 5 de decembro de 2022O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe que Galicia é referencia en España na prestación de servizos que garanten a atención aos maiores no rural. Durante a inauguración do centro de maiores de Oza–Cesuras, que abrirá as súas portas en xaneiro e contará con 40 prazas, o titular do Goberno galego destacou a importancia desta nova infraestrutura tanto na dinamización do rural como na mellora de calidade de vida dos veciños da zona.Rueda subliñou que ofrecer os mellores servizos a todos os galegos, vivan onde vivan, “é unha das maiores prioridades da Xunta, e máis nun ano como o que vén”. No eido dos maiores –área que contará cunha partida de 438 M? nos orzamentos de 2023– un dos obxectivos é que calquera galego teña próximos servizos fundamentais. De aí a importancia de programas coma o Servizo de Axuda no Fogar –no que Galicia é líder a nivel nacional e do que se benefician preto de 25.000 galegos–; da rede de máis de cen Casas do Maior para facilitar a conciliación das familias ou a iniciativa Coidados Porta a Porta que percorre as diferentes vilas galegas para ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía ou estimulación de memoria e que xa chegou a 25.000 usuarios. Ademais, dentro do obxectivo de revitalizar o rural, a Xunta conta con outras iniciativas dirixidas ao conxunto da cidadanía como as Casas Niño –para coidados de nenos de 0 a 3 anos– o servizo de biblioteca móbil, a Lei de recuperación de terra agraria ou o proxecto Territorio Cultura para impulsar actividades culturais en pequenos municipios.O novo centro inaugurado hoxe contará con 40 prazas e combinará os servizos de atención sanitaria como logopeda ou fisioterapia con actividades de promoción da autonomía ou hábitos saudables con espazos para o encontro e o uso lúdico. A Xunta asumiu o 75% do custe de poñer en marcha esta nova infraestrutura social.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar