COPE

Newsletters
Registrarme

Xunta de Galicia

Rueda resalta que Galicia fomentará a participación infantil a través dun Consello autonómico da Infancia e a Adolescencia

Rueda resalta que Galicia fomentará a participación infantil a través dun Consello autonómico da Infancia e a Adolescencia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:00

Destaca que os orzamentos de cara o vindeiro ano destinarán 230 millóns de euros á área de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, un 36% máis que este ano

A Xunta impulsa medidas específicas para as familias con nenos como a gratuidade das escolas infantís, a Tarxeta Benvida ou un proxecto piloto para loitar contra a pobreza infantil

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo esta semana unha reunión co presidente de Unicef España, Gustavo Suárez Pertierra, e a presidenta de Unicef Galicia, Myriam Garabito Cociña, onde sinalou que Galicia fomentará a participación infantil a través dun Consello autonómico da Infancia e a Adolescencia. Rueda subliñou o compromiso do Goberno autonómico con este ámbito, ao que se destinarán no próximo exercicio 230 millóns de euros, un 36% máis que este ano. Neste sentido, o presidente do Goberno galego apuntou o importante labor de entidades como Unicef para garantir a educación, a protección e o acceso á sanidade dos menores por todo o mundo. A Xunta colabora desde hai anos con esta entidade a través de financiación a programas como ‘Cidades Amigas da Infancia’ –para promover a aplicación da Convención sobre os dereitos dos nenos no eido municipal– ou axudas concretas para proxectos en Ucraína a raíz da guerra; a reconstrución de escolas en Cuba tras o furacán Irma ou para levar a cabo iniciativas de acción humanitaria en Nepal, Camerún, Bolivia ou Níxer.Durante o encontro tamén se abordaron aquelas medidas que a Xunta pon á disposición das familias para axudar aos fogares con nenos como a gratuidade de todas as escolas infantís –o que permite un aforro de entre 1.500 e 2.000 euros ao ano a cada familia–, a Tarxeta Benvida –que ofrece entre 1.200 e 2.400 euros en axudas a aquelas persoas que acaban de ter un fillo– ou un proxecto piloto para loitar contra a pobreza infantil que se vai levar a cabo en barrios desfavorecidos e algúns concellos do rural en Lugo e Ourense e que contará con medidas como clases de reforzo escolar; asesoramento para mellorar a inserción laboral ou iniciativas para reducir a fenda dixital entre as familias con máis dificultades socioeconómicas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Escucha en directo COPE, la radio de los comunicadores mejor valorados. Si lo deseas puedes bajarte la aplicación de COPE para iOS (iPhone) y Android.

Y recuerda, en COPE encontrarás el mejor análisis sobre la actualidad, las claves de nuestros comunicadores para entender todo lo que te rodea, las mejores historias, el entretenimiento y, sobre todo, aquellos sonidos que no puedes encontrar en ningún otro lado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Pepe Domingo Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Pepe Domingo Castaño

Escuchar