• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coas empresas que apostan por desenvolver ou expandir os seus proxectos en Galicia

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coas empresas que apostan por desenvolver ou expandir os seus proxectos en Galicia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:25

O titular do Goberno galego mantivo un encontro co presidente do Consello de Administración de Nueva Pescanova, José María Benavent, no que abordaron o proceso de innovación e expansión da compañía

Reuniuse tamén co presidente de Microsoft, Alberto Granados, co que analizou os proxectos de intelixencia artificial e creación dun centro de datos que se están a desenvolver en Galicia

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, mantivo nas últimas semanas encontros con representantes do grupo Nueva Pescanova e Microsoft, nos que analizou os proxectos estratéxicos ou de expansión das empresas que están interesadas en desenvolver a súa actividade en Galicia.Rueda reuniuse co presidente do Consello de Administración de Nueva Pescanova, José María Benavent, para coñecer de primeira man os plans empresariais da compañía que aspira a dispoñer de fondos europeos no eido da acuicultura para seguir o seu proceso de expansión. O presidente da Xunta recordou que a inclusión da industria do mar no Perte agroalimentario é fundamental para o desenvolvemento da cadea mar–industria galega, que o ano pasado exportou produtos por un valor superior aos 2.400 millóns de euros, cun incremento dun 85% desde o ano 2009.Por outra banda, o titular do Goberno galego, acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo tamén un encontro co presidente de Microsoft España, Alberto Granados, no que abordaron os retos que afronta a comunidade e o conxunto da sociedade pola transformación dixital e o avance das novas tecnoloxías así como diferentes iniciativas que a compañía tecnolóxica estuda poñer en marcha en Galicia. Durante a reunión, Rueda e o representante de Microsoft analizaron ademais as iniciativas que hai en marcha en Galicia co obxectivo de consolidar á comunidade como referente da intelixencia artificial ou o proxecto da construción dun centro de datos na comunidade –Data Center Carbon Positive– que a Xunta promove a través da Sociedade Impulsa.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar